Eventos
Celeiro, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas patronais do 25 ao 28 de xullo.
As actividades comezarán este xoves 25, Día de Santiago Apóstolo, ás 11:30 horas co chupinazo. Ás doce do mediodía celebrarase misa cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, e despois haberá procesión coa Banda Naval ata a capela de Santa Ana. Ás 13:00 horas terá lugar un pasacalles e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co grupo Talismán, que tamén actuará na verbena xunto a Discomóvil Nightwave.
O venres 26, Día de Santa Ana, ás doce do mediodía haberá procesión acompañada pola Banda Naval e a continuación celebrarase unha misa cantada polo Coro de Covas. Ás 13:00 horas empezará un pasacalles a cargo de Bágoas da Terra, de Viveiro, e a partir das 14:00 horas será a sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará...
leer másA asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza as Festas do Santiago, que se celebrarán, os días 25, 25 e 28 de xullo.
As actividades comezarán este mércores, día 24, cunha verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo dúo Sensación e Batucada A Choca.
O xoves 25 haberá misa solemne ás 13 horas e música con Os Carricantos. Despois, a partir das 13.30 horas, terá lugar a sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K.
E o domingo 28 desde as 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo de Eventec.
A Asociación de Veciños Xunta Parroquial de Fazouro, en colaboración co Concello de Foz, anuncian as Festas Patronais Santiago de Fazouro 2024, que terán lugar os días 25 e 26 de xullo, ofrecendo unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
As festas comezarán o día 25 ás 13:00 horas con misa na igrexa parroquial e coa procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela. A continuación, sesión vermú co trío Nostalgias. Ás 23:00 horas terá lugar a gran verbena co trío Nostalgias e o dúo Ángel América. O día rematará cun espectáculo de fogos artificiais.
O venres, 26 de xullo, haberá misa na capela de San Salvador ás 13:00 horas, procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela e sesión vermú co dúo EPO-K. A partir das 20:00 horas serviranse racións de troita, patacas, torreznos e pan cun prezo de 8 euros a...
leer másA asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa, en colaboración co Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, organiza a celebración da feira e festas homenaxeando a Santa Ana e Santiago Apóstolo os días 24 e 25 de xullo.
O mércores, día 24, a celebración comezará ás 21:00 horas cunha gran sardiñada, torrezmada e chourizada seguido de festa verbena coa Orquestra Salsarena e o Trío Merengue.
O xoves, 25 de xullo, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e a procesión. Ademais, os asistentes poderán desfrutar da sesión vermú amenizada pola Banda de Música de Lourenzá e o Dúo Élite. Máis tarde ás 20:00 horas, o grupo teatral Os pícaros de Lagoa representarán no recinto da festa unha obra de teatro. Ás 22:00 horas o Dúo Élite volverá para pechar coa súa actuación esta xornada de celebración.
... leer másA parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, celebrará as festas na honra a Santiago Apóstol os días 24 e o 25 de xullo, mércores e xoves.
A festa arrincará o mércores cunha espetada moura ás 20:00 horas, amenizada polo grupo Cordenaia, seguida dunha verbena co Dúo D'Caché e a Disco Móbil Conxuro.
O día grande, o xoves, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación haberá sesión vermú e baile de tarde da man do cuarteto de gaitas de Bágoas da Terra e de Disco Móbil Conxuro.
A festa está organizada pola Asociación Amigos da Troula e do Concello de Cervo, que anima “a desfrutar dos festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos”.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o Día do Socio e unha ruta polo Val da Faba, no municipio laurentino, para o 3 de agosto, sábado. A distancia son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada haberá unha cea no recinto feiral de Vilanova.
A saída será ás 18:00 horas desde recinto feiral de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14 horas do 31 de xullo, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. Esta actividade é gratis para os socios do colectivo organizador.
O Concello de Viveiro presentou este venres a súa nova APP, que permite experiencias inmersivas en 3D coa recreación das tres portas desaparecidas da antiga muralla: a das Angustias, a de Santa Ana e a de San Antonio. Na presentación estiveron a alcaldesa e responsable da área de Turismo, María Loureiro; Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, que aportou documentación e datos ao proxecto; o arquitecto municipal, Santiago Meitín, e a técnica da oficina de Turismo, María San Isidro, que tiveron un papel importante no proxecto.
“Un novo paso para ofrecer servizos dixitalizados e de calidade aos nosos veciños e veciñas, en primeiro lugar, e tamén a todas as persoas que nos visitan durante o ano”, explica María Loureiro.
O Concello acadou unha subvención, tramitada pola Xunta no marco do Plan de recuperación,...
leer másVen de presentarse o XXXII Mercado Medieval de Mondoñedo que terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto de 2024 no centro urbano da cidade episcopal.
O programa contará con máis de un cento de actividades repartidas nos tres días e serán pregoeiros do mesmo María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría, que foron os primeiros en casarse na Voda Medieval do ano 2009.
O programa desenrolara máis de un cento de actividades que abranguen desfiles de cabaleiros, ruadas musicais e de atraccións, torneos medievais, contacontos, monicreques, cetrería, unha voda medieval e, por suposto, a Cea Medieval do sábado.
No acto de presentación estiveron presentes voluntarios/-as, colaboradores/-as, representantes de asociacións colaboradoras, así como o Alcalde de Mondoñedo, o Delegado...
leer másO Concello de Ourol organiza a Ruta Indiana 2024, unha oportunidade única para coñecer o patrimonio indiano da localidade a través de visitas guiadas con paradas nos distintos lugares de interese nun bus de época durante os días 3 e 4 de agosto. A saída será desde a Casa do Concello e as prazas son limitadas a 16 persoas por día.
Desde o Concello de Ourol sinalan: “as prazas tramitaranse por rigoroso orde de inscrición. Unha vez finalizado o prazo de inscrición (31 de xullo) enviarase un correo electrónico a todas aquelas persoas que teñan a praza confirmada. As que non reciban o correo de confirmación quedarán nunha lista de reserva que se moverá tamén por rigoroso orde de inscrición. Debido a alta demanda nesta actividade, prégase que en caso de non poder asistir o comuniquen no teléfono 982559019 ou no 608694051 para poder cubrir as...
leer másO Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os membros da compañía Queiman e Pousa, encargados dalgúns espectáculos e actuacións; e integrantes doutras institucións colaboradoras como a Deputación de Lugo.
En canto ás actividades previstas, este ano comezarán o xoves 25 cunha ruta guiada pola zona dos Moutillós para explicar a orixe da celebración. O pregón a cargo do actor Alfonso Agra será o venres ás 20,30 horas no exterior da Casa da Cultura.
A xornada grande terá lugar o sábado 27 na praia de San Román. A partir das 11,00 horas abrirán os campamentos viquingos e cristiáns e comezarán os obradoiros. Ao longo do...
leer más