Libros

25/03/2025

O libro titulado As receitas de A voltas co prato será presentado en Ribadeo este sábado, día 29 de marzo. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 19:30 horas e participarán o presentador e o cociñeiro do programa A voltas co prato, da Televisión de Galicia, que son Fran Cañoto e Xulio Mato.

Está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “este sábado 29 de marzo imos ter unha nova presentación. Van vir visitarnos a Ribadeo Fran Cañoto (presentador de A voltas co prato) e Xulio Mato (cociñeiro do programa). Vannos falar, obviamente, do libro As receitas de A voltas co prato”.  Presentará o acto Dores Fernández Abel.

23/03/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco, en colaboración con Mariña Patrimonio e a editora Tempo Galiza, organiza para o xoves 27 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, a presentación do libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores Cobas.

A publicación é un caderno de campo sobre a flora e a fauna da comarca da Mariña, en base aos traballos de recuperación como bosque de teixos dunha hectárea de monte no Padornelo, na parroquia de Lindín, en Mondoñedo.

A presentación do libro correrá cargo do presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, e do autor da publicación.

19/03/2025

O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.

Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.

19/03/2025

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca e sala de estudos. No ano 2021 a biblioteca municipal aumentou o seu horario ás tardes de luns a xoves, “servizo moi necesario e demandado. Agora configurase un novo horario que aumenta e mellora o servizo”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “o novo horario de biblioteca será de luns a venres pola mañá de 8.30 a 14.00 e pola tarde de 15.00 a 20.00 horas, o que supón a nova apertura no horario do venres pola tarde. Esta semana xa estará aberta. Ademais o horario da sala de estudos tamén terá unha mellora: será de luns a venres de 8.30 da mañá a 8 da tarde de forma ininterrompida”.

Inés López destaca que “a boa acollida da apertura, no pasado mes de novembro, da sala de estudos da biblioteca de Foz demostra que é unha...

leer más
Etiquetas:
18/03/2025

O libro titulado Manual técnico do uso da motoserra, escrito polo doutor enxeñeiro de Montes Fernando Iglesias Rey, será presentado no Auditorio Municipal de Mondoñedo este xoves, día 20 de marzo, ás 19:30 horas.

Ademais do autor da publicación, no acto está prevista a participación do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero; o concelleiro Manuel Tapia; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o profesor titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Universidade de Santiago de Compostela Javier Bueno; o serente de Seguridade e Saude Forestal de ENCE, Roberto Manteiga; e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Mª Adela Quinzá-Torroja.

Cada persoa que acuda á presentación será obsequiada cun exemplar do manual.

Etiquetas:
11/03/2025

A Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.

Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.

Etiquetas:
26/02/2025

Despois de ter unha primeira convocatoria este curso, o pasado trimestre, o martes 18 de marzo ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club de lectura en lingua galega da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo. Será para falar sobre o libro Resaibo amargo, o primeiro dos publicados da escritora Lucía Ferro. A xuntanza terá lugar na biblioteca do centro.

O club está aberto non só á xente relacionada coa EOI senón tamén a calquera persoa interesada. Nesta nova edición, ademais, participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo ano.

Ademais de nas librarías, esta publicación está dispoñible tanto na EOI como nas bibliotecas públicas da contorna.

O cartel realizado para a ocasión conta cun código QR para aproximarse...

leer más
25/02/2025

O Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.

“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.

18/02/2025

O profesor e investigador Francisco Peña presentará o seu novo libro sobre saúde ambiental en Viveiro este xoves, 20 de febreiro, ás 20:00 horas; e en Ribadeo ao día seguinte, o venres 21, á mesma hora.

O Concello de Viveiro anuncia que “o 20 de febreiro a Sala Multiusos do Concello acollerá a presentación do novo libro de Francisco Peña, titulado Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: Las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI, unha obra que afonda na relación entre o medio ambiente e a saúde, temática na que o autor é un dos grandes referentes. Presidirá o acto a alcaldesa, María Loureiro García, e no evento o profesor Eleuterio Martínez Alcántara, científico de prestixio en América, intervirá por videoconferencia tras presentar a obra. Ademais o profesor Francisco Peña analizará o contido dos...

leer más
18/02/2025

O Concello de Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que “pretende fomentar a lectura e a interacción social entre crianzas e persoas adultas. As actividades estarán coordinadas por Antía Yáñez, escritora mariñá de referencia”. As actividades darán comezo o sábado 22 de febreiro coa presentación do club de lectura e o primeiro dos biblioencontros, dirixido neste caso a crianzas de educación primaria que estará relacionado co Día de Rosalía.

O club de lectura estará dirixido a maiores de 16 anos e contará con 20 prazas con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Barreiros. A inscrición pode realizarse na biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas.

O concelleiro Daniel García resalta: “con estas actividades seguimos apostando pola...

leer más