Muller
A Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado, 16 de marzo, unha actuación do grupo Agoraphobia, unha da banda de rock alternativo de Boiro. Será ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo
Este concerto forma parte do ciclo Con Voz de Muller organizado pola Deputación de Lugo, que inclúe tamén concertos noutros concellos, como parte da conmemoración do 8M.
A programación organizada polo Concello de Foz para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe unha concentración, dúas representacións teatrais, unha sesión de contacontos, un obradoiro e unha exposición.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia que “como cada ano, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Foz súmase a esta xornada de reivindicación e loita, pois é un día no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios que tiveron que levar a cabo para acadalos. A nosa programación de actividades prevista para este 8M está chea de reivindicación, cultura e moita forza”.
A programación dará comezo o venres ás 19:00 horas coa concentración diante do Concello...
leer másPara conmemorar o Día Internacional da Muller o Concello de Trabada organiza a proxección da película titulada O Corno. Será este venres, 8 de marzo, ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Trabada explica que este filme “dirixido por unha muller, Jaione Camborda, conta a historia de María, unha loitadora que saíu adiante grazas ao esforzo e traballo a pesar de tódalas dificultades coas que se encontrou no seu camiño”.
Dende o Concello de Alfoz programáronse diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
A semana do 8 de marzo a Casa do Concello estará tinguida de violeta como apoio a todas as mulleres.
“Neste tipo de conmemoracións téndese a traer conferenciantes ou artistas de fóra dos concellos cando o mellor exemplo o temos dentro” apunta Eliseo Lorenzo, delegado de Igualdade do Concello de Alfoz. Por este motivo, o 8 de marzo publicarase a I edición “Mulleres de Alfoz”, con infografías sobre mulleres relevantes do noso concello que serven de exemplo e foron pioneiras na súa vida profesional.
“Non foi doado facer unha selección para esta primeira edición xa que no noso concello contamos con mulleres de carácter que se abriron camiño con valentía e esforzo” afirma o concelleiro...
leer másA alcaldesa María Loureiro convida a veciñanza "a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade plena entre homes e mulleres e construír deste xeito unha sociedade mellor".
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca a importancia de conmemorar este día "para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer".
A programación comezará o propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller e a lectura do manifesto ás 12:30 na praza Maior.
Ao día seguinte, o sábado 9, terá lugar ás 20:30 a representación da obra 'Boa sorte, mala fama' no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e, ás 22...
leer másA Delegación de Muller do Concello xovense organiza a XV Chocolatada do Día Internacional da Muller. Será o 9 de marzo ás 17:30 horas no salón de actos do centro cívico.
Nesta ocasión, no acto renderase homenaxe ao Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. “O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local”, indican desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade.
O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, convida a toda a veciñanza "a asistir aos actos en torno a esta data tan sinalada, que este ano teñen como broche de ouro a homenaxe ás guerreiras do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala, mulleres que loitan pola igualdade e a visibilidade da muller no deporte".
Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López sinala que “o 8M é un día para promover a loita por un mundo onde as mulleres sexamos socialmente iguais e totalmente libres, e por iso, dende Burela, imos homenaxear ás nosas guerreiras laranxas, as que están, as que estiveron e as que estarán, para que continúen abrindo camiño e,ademáis, facendo historia”.
“Animamos a toda a...
leer másO Concello de Barreiros iniciou a semana pasada unha serie de actividades enmarcadas no programa +Igualdade cunha xornada formativa para o persoal da Escola Infantil Municipal centrada na detección temperá de sinais de alarma que afectan ao desenvolvemento evolutivo das nosas crianzas. A xornada formativa foi impartida de xeito altruísta pola Asociación Guillén Veiga Iglesias e responde á aposta deste goberno pola formación troncal e continuada das persoas que educan ás nosas crianzas desde os seus primeiros anos de vida, que son claves no axeitado desenvolvemento integral das mesmas.
A alcaldesa, Ana Ermida, expresou que "Consideramos fundamental promover unha educación igualitaria desde as etapas máis temperás da vida. As actividades do programa +Igualdade son clave para construír unha sociedade máis xusta e equitativa".
Neste...
A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza diversas actividades arredor da conmemoración do día internacional da muller.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, indicou que “comezamos o 1 de marzo coa visita de Nary Ly, unha inspiradora sobrevivente dos campos da morte de Camboya. Nary, que é escritora, científica e olímpica compartirá, dentro do Programa O Concello cos coles, cos estudantes de 3º e 4º de Primaria a súa experiencia persoal e o seu novo libro infantil. O 7 de marzo poderemos asistir a unha charla sobre a menopausia, guiada polo xinecólogo Ezequiel Cardoso González, quen nos axudará a comprender mellor este proceso natural e as súas implicacións para a saúde e o benestar das mulleres. Será ás 20:00 horas no Centro Social Comunitario”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “o 8 de...
leer másO Concello de Viveiro, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), organiza concursos de fotografía e de debuxo escolar, conmemorativos do Día Internacional da Muller. O prazo para presentar os traballos remata o 8 de marzo.
Por unha parte está o Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres, dirixido a fotógrafos/as afeccionados non profesionais e que sexan maiores de idade. “A temática das fotografías debe ser a muller e o traballo en calquera ámbito da vida, tanto público como privado, para visibilizar e concienciar sobre o papel da muller en todos os sectores da nosa sociedade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Convocouse tamén o Concurso de Debuxo Escolar Mamá Traballadora, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Viveiro. “A...
leer más