Ven de presentarse o XXXII Mercado Medieval de Mondoñedo que terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto de 2024 no centro urbano da cidade episcopal.
O programa contará con máis de un cento de actividades repartidas nos tres días e serán pregoeiros do mesmo María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría, que foron os primeiros en casarse na Voda Medieval do ano 2009.
O programa desenrolara máis de un cento de actividades que abranguen desfiles de cabaleiros, ruadas musicais e de atraccións, torneos medievais, contacontos, monicreques, cetrería, unha voda medieval e, por suposto, a Cea Medieval do sábado.
No acto de presentación estiveron presentes voluntarios/-as, colaboradores/-as, representantes de asociacións colaboradoras, así como o Alcalde de Mondoñedo, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia e Portavoces municipais da corporación.
Dende o Concello queren convidar a todo mundo a asistir esta celebración do mes de agosto, unha das referencias do calendario festivo de Mondoñedo.
A Xunta de Galicia colabora na celebración do Mercado Medieval e durante a presentación do programa, o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, gabou o traballo de organización realizado polo Concello, representado polo alcalde, Manuel Otero, e a implicación das asociacións O Pasatempo e Amigos do Mercado Medieval “para reeditar un ano máis o éxito desta festa declarada de interese turístico galego”.
A apertura dos postos do mercado está fixada para o venres ás 20.00 horas, se ben o xoves os nenos e nenas da ludoteca irán creando ambiente polas rúa da cidade e tamén se celebrará un concerto da Escola de música.
A fin de semana os postos estarán abertos desde as 11.00 horas, con demostración e venda de produtos agroalimentarios ou de artesanía, como fiandeiras, palilleiras, cantería ou coiro. Haberá arredor dun centenar de actividades, especialmente para público infantil ou familiar, entre elas animación musical, contacontos, exhibicións de cetrería ou vodas medievais.