A Asociación de Veciños Xunta Parroquial de Fazouro, en colaboración co Concello de Foz, anuncian as Festas Patronais Santiago de Fazouro 2024, que terán lugar os días 25 e 26 de xullo, ofrecendo unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
As festas comezarán o día 25 ás 13:00 horas con misa na igrexa parroquial e coa procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela. A continuación, sesión vermú co trío Nostalgias. Ás 23:00 horas terá lugar a gran verbena co trío Nostalgias e o dúo Ángel América. O día rematará cun espectáculo de fogos artificiais.
O venres, 26 de xullo, haberá misa na capela de San Salvador ás 13:00 horas, procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela e sesión vermú co dúo EPO-K. A partir das 20:00 horas serviranse racións de troita, patacas, torreznos e pan cun prezo de 8 euros a ración. Por último, ás 23:00 horas gran verbena co dúo EPO-K e o grupo D.Kano.