Alfoz
O grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...
leer másA segunda edición do Mercado de Nadal en Alfoz celebrarase o día 6 decembro, venres, no atrio de San Pedro. Será de 11:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor.
Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, turróns, bixutería, obradoiro para os máis pequenos/as ás 12:00 e ás 17:00 horas e sorteo de produtos.
Ademais ás 18:30 horas farase o acendido as luces de Nadal a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación actuará o Coro de Mondoñedo.
A organización do evento destaca que haberá carpa e calefacción.
A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, celebrará a quinta edición da súa cea baile o día 30 de novembro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón polideportivo de Alfoz.
A organización do evento anuncia: “a cea estará servida polo catering Chao da Brea e contaremos con Belinda e Conxuro DJ para amenizar a noite; ademais teremos sorteos e moitas ganas de festa. Para anotarvos poderedes contactar por teléfono (último día para facelo é o 26 de novembro) con Laura (679.566.111) ou Natalia (603.670.661). A partir das 00:00 horas libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa. Animádevos”.
O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa representarán a obra titulada “Era boa se colara!!!” este sábado, día 16 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
Está incluída no ciclo de teatro organizado polo Concello de Alfoz, que anuncia: “os nosos veciños do Grupo de Teatro Os Pícaros de Lagoa, fundado no 2017 na parroquia de Lagoa, veñen a representar a súa obra Era boa se colara!!!, unha comedia costumista que nos trae como moralexa que a xente de aldea é moi lista”.
O grupo teatral A Adala Futura representará a obra titulada Rosalía Café este sábado, día 9 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
É unha actividade incluída no Mes do Teatro organizado polo Concello de Alfoz, que explica: “o grupo de teatro de Fazouro (Foz) A Adala Futura, nacido no ano 2016 cando A Adala Teatro se embarcou nun proxecto pedagóxico para achegar o teatro aos integrantes máis novos da asociación, presenta a súa obra Rosalía Café, unha comedia para todos os públicos. Nesta obra unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida montando un pub. No local terá unha clientela moi divertida e peculiar e cada día deberá facer fronte a un sinfín de conversas sobre temas moi diferentes. Por se isto fora pouco tamén recibirá a visita dos seus amigos da aldea. Pero estes amigos non encaixarán...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
Será ás 20 horas na Casa da Cultura. Trátase de teatro con monicreques e música. É un espectáculo para todos os públicos (infantil e adulto).
Desde Concello de Alfoz explican: “queremos empezar este mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia representando unha farsa de títeres a catro mans. Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que saír, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función de esta obra de guiñol viva e natural”.
E engaden: “catro historias entrelazadas forman este enredo, baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lles dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que “comeza o mes de novembro e con el os sábados de teatro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20 horas, con entrada de balde. Desta volta con diferentes propostas de comedia para todos os públicos e para todos os gustos”.
O día 2 a obra que se representará é a titulada "Coa música a outra parte", da compañía Trécola producións, de Pol. “Empezamos o mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia de monicreques con música en directo, apta para todos os públicos, que fará rir aos máis pequenos e aos non tan pequenos.
O sábado 9 representarase "Rosalía Café", da compañía A Adala Futura, de Foz. “Os de rapaces máis novos da asociación A Adala, de Fazouro, farannos rir con esta comedia na que unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida”.
O día 16 a obra é "Era boa se...
leer másO caderno titulado "Da vila do Castro D'Ouro ao Concello de Alfoz: oitocentos anos na historia" será presentado en Alfoz o día 31 de outubro, xoves. O acto será no Castelo de Castro de Ouro ás 19:00 horas.
Da edición desta publicación encargáronse Carlos Baliñas Pérez e Carlos Andrés González Paz.
O Concello de Alfoz anuncia que o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá un Concerto de Outono en Alfoz este sábado, día 26 de outubro.
Será na igrexa da parroquia de San Pedro de Mor ás 20:00 horas.