Eventos
O Concello de Alfoz anuncia que “esta fin de semana temos unha cita para asistir á festa na honra da Virxe do Carme e San Mamede, organizada pola Asociación Veciñal de San Mamede das Oiras”. Serán o venres 9 e o sábado 10.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con cea e despois actuacións de Xilo e Carlos e do dúo Belinda.
E o sábado ás 13:30 horas haberá misa solemne e continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena xunto á disco móbil Conxuro, que ofrecerá Remember 90.
A organización anuncia que haberá carpa.
A parroquia de San Isidoro de Monte, no concello de Xove, celebrará a feira do San Bartolo o día 24 de agosto, sábado.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con animación musical, que volverá desde as 17:30 horas.
Haberá premios para o maior número de reses cabalares e para o maior número de reses vacúas. E polo tarde celebraranse concursos de marcha cabalar.
A comparsa Os Macanudos organiza a quinta edición do evento denominado Holiwave. Será o día 17 de agosto, sábado, en San Bartolo (Barreiros).
As actividades empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú e ás 14:00 horas comezará un xantar. Desde as 17:00 horas haberá festa infantil con actividades como pintacaras, xogos, concurso de disfraces, explosión de cores Holi e festa da auga. E ás 19:00 horas empezará a festa de tarde, para rematar a xornada cunha queimada co Gran Druída a partir das 23:00 horas.
A música correrá a cargo da discoteca móbil The Sound Project.
O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o día 17 de agosto, sábado.
“Unha das nosas liñas de actuación é recuperar tradicións, festas e acontecementos esquecidos do noso concello. É un pracer anunciarvos que recuperamos a Xira de Viveiro a Portochao! Será o vindeiro 17 de agosto, así que gardade o día nas vosas axendas. Haberá dúas modalidades de participación: a través dunha andaina de balde duns 3,5 quilómetros aproximadamente pola beira do río Landro (percorreremos o camiño das Aceas e o paseo fluvial). A saída será dende o aparcadoiro da variante ás 13:00. A outra opción é a través dunha ruta en kaiak. Os kaiaks son biplaza e poderán participar menores a partir dos 6 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable A saída realizarase dende a rampla do pavillón...
leer másO Concello de Trabada programou os días 15 e 16 de agosto, coincidindo coas súas festas patronais, dous espectáculos dirixidos a un público infantil e familiar.
O 15 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello a Maga Fani trae o espectáculo “Enredos, abraios e vocábulos do país”.
E o 16 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello terá lugar o espectáculo “Un día no circo”, de PistaCatro Productora de Soños.
“Son días de festa e xuntanzas familiares, por iso pensamos nestes dous espectáculos para os máis pequenos, que se unen á programación de cine e teatro que temos ao longo do ano para un público máis adulto”, afirmou o alcalde de Trabada, Rubén García.
O vindeiro 24 de agosto a partir das 10:00 horas veciños e visitantes poderán desfrutar na praia de Coto dunha exposición de motos e coches clásicos na VI Concentración Retroclásicos, de Barreiros. Máis tarde, ás 14:30 horas, comida no restaurante A Yenka seguida dunha ruta polas praias de Barreiros. Ás 19:00 horas levarase a cabo a entrega de trofeos. Haberá premios para o participante máis veterano, ao participante máis novo e ao club máis numeroso. Ademais, entregaranse premios especiais ao participante máis lonxano, á moto máis antiga, así como ao coche máis antigo.
O prezo é de 35 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos. Dito prezo inclúe inscricións, detalle, comida e sorteos.
Para inscribirse poden facelo no teléfono 697 35 60 90 (Pedro) ata o 22 de agosto.
... leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.
A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.
Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.
Con motivo dos catro decenios de actividade da feira o acto de inauguración contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.
Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.
Durante este mes de agosto calquera pode ter a oportunidade de gañar un premio en Alfoz.
Participar é moi fácil. As persoas interesas so deberán seguir a @TURISMOALFOZ, comentar e deixar un me gusta na publicación sobre o xogo e mandar unha fotografía do “Casteloo da Frouseira” ao correo turismo@concellodealfoz.com. O autor ou autora da mellor fotografía será agasallado cun premio sorpresa.
Para obter máis información, poderase chamar á oficina de turismo no número 982 55 85 78 en horario de 16:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos e de 11:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.
O Concello de Alfoz convida a todos e todas a participar neste magnífico xogo turístico.
A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xusto e San Pastor, os días 6 e 7 de agosto, martes e mércores.
As actividades empezarán o martes ás 13:00 con misa solemne e procesión con 14 imaxes, acompañada polo grupo de gaitas de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Tango.
E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión con 14 imaxes, acompañada por un grupo de gaitas. A continuación terá lugar a sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Waikas.
A organización corre a cargo da asociación de veciños San Pastor, que destaca que disporán de campo...
leer másA Xunta apoia a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebra esta fin de semana – do venres 2 ao domingo 4 de agosto - organizada un ano máis pola asociación cultural e xuvenil O Castelo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades, que comezan mañá venres a partir das 23,00 horas coa actuación da orquestra New York e unha discoteca móbil. O sábado as formacións Stéreo e Miramar tocarán nas verbenas que haberá pola mañá e pola noite. Pola tarde o campo a festa acollerá xogos populares.
Por último, o domingo día 4 terá lugar a tradicional procesión de vehículos polas parroquias de Alfoz – 11,00 horas - ; e haberá animación musical co grupo Montreal, entre outras actividades.