A asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa, en colaboración co Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, organiza a celebración da feira e festas homenaxeando a Santa Ana e Santiago Apóstolo os días 24 e 25 de xullo.
O mércores, día 24, a celebración comezará ás 21:00 horas cunha gran sardiñada, torrezmada e chourizada seguido de festa verbena coa Orquestra Salsarena e o Trío Merengue.
O xoves, 25 de xullo, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e a procesión. Ademais, os asistentes poderán desfrutar da sesión vermú amenizada pola Banda de Música de Lourenzá e o Dúo Élite. Máis tarde ás 20:00 horas, o grupo teatral Os pícaros de Lagoa representarán no recinto da festa unha obra de teatro. Ás 22:00 horas o Dúo Élite volverá para pechar coa súa actuación esta xornada de celebración.