Certame
Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.
O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4...
leer másA Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sexta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes...
leer másOs poemas, con temática do Nadal, deberán estar redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara escrito a ordenador ou con bolígrafo.
Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. Cada unha contará cun lote de libros e un diploma como premio.
Cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe, con cadansúa folla de datos cumprimentada.
Todo isto deberá ser entregado na propia biblioteca ata o día 22 de decembro. Os datos identificativos irán nas follas de datos, nunca no traballo presentado.
O xurado fará públicos os resultados no mes de xaneiro, e os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.
A Biblioteca Municipal...
leer másNove artistas mariñáns participarán en Burela na sétima e última edición do Certame de Pintura Mural Amarte.
Trátase de Adri Pardo, Davixino, Héctor Manasé, Martín Lestao, Belén Mogo e Diego Domínguez, de Burela; Hipólito Xeada, de Alfoz; David Catá, de Viveiro; e Carlos Fonteseca, de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, manifestou que “para rematar o muro do peirao, que mellor representación que con estes e estas artistas locais e comarcais, deixando plasmadas as súas obras e a súa arte neste museo ao aire libre que se foi creando durante estas sete edicións de Amarte”.
A edil burelesa contou que “comezarán a pintar o xoves, día 3 de agosto, e farano ata o domingo día 6; xornada no que tamén se lles outorgarán os premios. Será durante a sesión vermú da Feira do Bonito”.
... leer másA Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IX Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales...
As bases son as seguintes:
1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio... Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.
XOGAR + LER = VIVIR
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de
enxenio... Mais tamén usamos os libros...
A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2023” na súa fase local, de acordo coas seguintes bases:
Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello , haberá dúas modalidades, Narracións e Debuxos.
As Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou traballar nunha biblioteca.
XOGAR+LER= VIVIR.
A outra modalidade do certame serán os DEBUXOS, feitos sobre papel ou...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola IX edición.
Tal e como avanzaron as edís responsables, Dolores García Caramés e Denise Galán, nesta ocasión os traballos deberán compoñerse en torno á idea do Amor Propio ou “autoamor”, “no que será unha homenaxe a un/unha mesmo/a”.
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.
O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 12 de...
leer másEste domingo, 27 de novembro, rematan as representacións das obras presentadas a concurso no IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. Será coa obra O documento, do grupo Ollomao, de Barreiros. O horario da representación, que foi modificado respecto á programación inicial, será ás 18:30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.
As actividades deste certame, organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, concluirán coa gala de entrega de premios, que está prevista para o 17 de decembro, sábado, ás 20:00 horas.