Eventos
O Concello de Ourol organiza a Ruta Indiana 2024, unha oportunidade única para coñecer o patrimonio indiano da localidade a través de visitas guiadas con paradas nos distintos lugares de interese nun bus de época durante os días 3 e 4 de agosto. A saída será desde a Casa do Concello e as prazas son limitadas a 16 persoas por día.
Desde o Concello de Ourol sinalan: “as prazas tramitaranse por rigoroso orde de inscrición. Unha vez finalizado o prazo de inscrición (31 de xullo) enviarase un correo electrónico a todas aquelas persoas que teñan a praza confirmada. As que non reciban o correo de confirmación quedarán nunha lista de reserva que se moverá tamén por rigoroso orde de inscrición. Debido a alta demanda nesta actividade, prégase que en caso de non poder asistir o comuniquen no teléfono 982559019 ou no 608694051 para poder cubrir as...
leer másO Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os membros da compañía Queiman e Pousa, encargados dalgúns espectáculos e actuacións; e integrantes doutras institucións colaboradoras como a Deputación de Lugo.
En canto ás actividades previstas, este ano comezarán o xoves 25 cunha ruta guiada pola zona dos Moutillós para explicar a orixe da celebración. O pregón a cargo do actor Alfonso Agra será o venres ás 20,30 horas no exterior da Casa da Cultura.
A xornada grande terá lugar o sábado 27 na praia de San Román. A partir das 11,00 horas abrirán os campamentos viquingos e cristiáns e comezarán os obradoiros. Ao longo do...
leer másA Fundación Eira da Xoana (Adega), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, para participar nun xantar de confraternización e un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. “O obxectivo deste evento é celebrar este importante logro e amosar o espazo que estamos a preservar e recuperar, grazas á xenerosidade de todas as persoas que colaboraron nesta iniciativa”, sinalan desde a organización.
O xantar, no que cada participante levará a súa comida, será unha oportunidade para compartir e gozar dun ambiente de compañeirismo e celebración. Este xantar celebrarase en Santo Estevo do Ermo o 27 de xullo arredor das 14.00 horas.
A partir...
leer másO Concello de Burela, o Clube Baloncesto Burela e a SD Burela organizan o próximo 25 de xullo a Festa do Día de Galicia.
A festa comezará ás 20:30 horas na praza do Concello cunha pancentada, que dará paso ás 22:00 horas ao concerto de Lontreira.
“Un día importante no que celebramos o orgullo que sentimos por Galicia e pola nosa identidade, e en Burela queremos facelo cunha festa que implica ao tecido asociativo e deportivo”, asegura a alcaldesa, Carmela López, que agradece “a colaboración das carnicerías, panaderías e doutros establecementos comerciais”.
A concelleira de Festas, Patricia Eijo, engade que “apoiamos todas estas iniciativas das asociacións e clubes de Burela, porque á vez que se enriquece o evento todos podemos desfrutar, como é neste caso, dunha rica pancetada”.
... leer másA programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe diversas actividades que empezan o 19 de xullo e rematan o 16 de agosto.
Este venres, día 19, ás 20:30 horas na Praza do Concello haberá o espectáculo de contacontos “Planeta LGTBIQ”, ofrecido por Caxoto.
Para o 26 de xullo, tamén venres, ás 20:00 horas na Praza do Concello está programado un espectáculo de maxia con Dani Polo.
O 2 de agosto ás 20:30 horas na Praza da Catedral Caxoto ofrecerá “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.
O xoves 8 de agosto ás 20 horas na Praza da Catedral terá lugar o espectáculo titulado “Os Bolechas volven a Mondo”.
E o 16 de agosto, venres, ás 20:30 horas na Praza da Catedral haberá xogos, con Puzzle Animación.
... leer másO Concello de Burela emitirá finalmente a participación do equipo da localidade no programa de televisión Grand Prix o día 29 de xullo, luns. Será na praza do Concello a partir das 21:30 horas.
Este pasado luns, 15 de xullo, non se emitiu o programa polos actos de celebración da Eurocopa, o que provoca un cambio nas datas.
Haberá unha presentación do equipo participante, e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22:05 horas en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.
Dende o Concello animan a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de Tajuña.
A alcaldesa, Carmela López, convida de novo "a todas as veciñas e veciños a...
leer másO vindeiro luns, 22 de xullo de 2024, ás 22:00 horas, celebrarase na capela da Nosa Señora das Virtudes da Ponte, en Arante, un evento cultural de gran relevancia.
O acto, organizado baixo o título “Elías Valiña polo Camiño do Norte (Ribadeo)”, consistirá nun recital musical seguido da estrea da curtametraxe documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”. A proxección contará coa presenza do director, Aser Álvarez, e do compositor da banda sonora, Moisés Quintas.
O evento terá unha duración estimada de 50 minutos e será unha velada chea de cultura, historia e música na honra da figura de Elías Valiña, coñecido polo seu traballo na sinalización do Camiño de Santiago coas emblemáticas frechas amarelas.
A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra a festa na honra de Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 21 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena.
A organización destaca que haberá amplos aparcamentos e foguetes de artificio.
O Concello de Riotorto organiza a Festa Celta, que se celebrará o 3 de agosto. Esta cita promete ser unha xornada chea de actividades e entretemento para todas as idades.
Ás 14:30 comezará o servizo de comida, cun delicioso menú que inclúe pulpo, churrasco, empanada e tarta de Riotorto, todo servido pola Pulpería Suso. Ao longo da tarde sucederanse diversas actividades de animación para amenizar a xornada. Ás 21:00 horas darán comezo as actuación musicais coa participación de BI Outeiro Gaiteiros-Tradigalu, Tanto Nos Ten e Gaiteiros de Riotorto. Por último, ás 00:30 horas gran queimada popular para todos os alí presentes.
A Festa Celta de Riotorto é unha ocasión ideal para gozar da gastronomía, a música e a cultura galega nun ambiente festivo e acolledor.
O alcalde, Daniel Vega, anunciou que “este sábado ás 12 da mañá imos renderlle unha homenaxe a todos os patróns maiores da Confraría de Pescadores de Ribadeo. A Confraría e Concello encargáronse deste traballo a través dunha comisión organizadora, á que lle damos as grazas por todo o traballo que fixo ata o de agora”.
O rexedor explicou que “o sábado queremos renderlle esa homenaxe merecida. Tamén trasladar un agradecemento a tantas persoas que deron tanto por un sector como o pesqueiro, que tamén traballaron a prol de Ribadeo e en defensa dos intereses xerais. Agradecemento e recoñecemento a cada un deles: a José Ramos, a José López, a Antonio Pérez, a Secundino Balsa, a José Domingo Rajal, a Domingo Fernández, a Celia Pacio, a José Luis García, a José Angel Redondo e ao actual patrón maior Javier Martínez”.
...
leer más