Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo anuncia que “ven de presentarse o programa e cartel da Semana Santa de Mondoñedo. As celebracións comezarán o sábado día 12 de abril co pregón e rematarán o domingo día 20 coa Misa de Resurrección”.
Tamén explica que “durante toda a semana haberá procesións e celebracións relixiosas, sendo o Venres Santo, día 18 de abril, onde se concentra o groso das celebracións”.
Mondoñedo celebra a Festa da Árbore desde o ano 1569 e a edición deste 2025 terá lugar na Praza do Concello este sábado, día 29 de marzo.
As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos populares e tradicionais. Ás 13:15 horas haberá plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical. E ás 13:30 horas entregaranse os premios do XIII Concurso da Árbore e os debuxos participantes no certame exporanse durante a festa.
Este evento está organizado pola asociación cultural O Pasatempo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
Mondoñedo entregará os premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 e haberá un espectáculo de monicreques este sábado, día 29 de marzo. Será ás 17:00 horas no auditorio Pascual Veiga.
O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo anuncia: “seguimos coas actividades conmemorativas do 8M e o sábado 29 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 no Auditorio Pascual Veiga a partir das 17 horas. A continuación terá lugar un espectáculo de títeres sobre conciliación e igualdade titulado Bebé…, ofrecido por Mircromina Títeres. Este evento é aberto a todos os públicos”.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza un obradoiro sobre o solo pélvico para este xoves, día 27 de marzo, ás 17:00 horas.
Será impartido por Cristina Ouro Núñez (matrona do complexo hospitalario de Lugo), que abordará estes temas: anatomía do solo pélvico, funcións, técnicas de tratamento. Ademais haberá unha sesión práctica.
A inscrición é gratuíta e pode facerse no propio Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, que está na Praza do Concello e ten o teléfono 982.82.83.91.
O libro titulado Manual técnico do uso da motoserra, escrito polo doutor enxeñeiro de Montes Fernando Iglesias Rey, será presentado no Auditorio Municipal de Mondoñedo este xoves, día 20 de marzo, ás 19:30 horas.
Ademais do autor da publicación, no acto está prevista a participación do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero; o concelleiro Manuel Tapia; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o profesor titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Universidade de Santiago de Compostela Javier Bueno; o serente de Seguridade e Saude Forestal de ENCE, Roberto Manteiga; e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Mª Adela Quinzá-Torroja.
Cada persoa que acuda á presentación será obsequiada cun exemplar do manual.
La asociación cultural Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza su charla anual sobre mujer y salud este viernes, día 14 de marzo, a las 20:00 horas en la Casa da Xuventude mindoniense. En esta ocasión el tema es Osteoporosis: claves desde la ginecología y la impartirá el doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo del Hospital Público da Mariña Lucense.
“Este mes de marzo celebramos el Día Internacional de la Mujer y este año abordamos el tema de la osteoporosis, muy frecuente a una determinada edad en las mujeres”, explica la asociación Sendeiriña, que para esta actividad cuenta con la colaboración del Concello de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a edición deste ano da concentración de motos de Mondoñedo N-634, La invernal de Galicia, que terá lugar na cidade episcopal durante os días 22 e 23 de marzo, para a que xa está aberta a inscrición para participar nela".
Presentaron o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias, acompañado do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do concelleiro de Cultura, Alberto García, e da concelleira de Turismo, Patricia Otero.
Dende a organización e o Concello convidan a moteiros e moteiras a participar neste evento, que abre as concentracións de motos en Galicia, e dinlles que “veñan coñecer Mondoñedo, que van a gozar da experiencia”.
Mondoñedo celebrará a Comida da Igualdade este sábado, día 15 de marzo, ás 14:00 horas en Finca San Antonio.
É un encontro lúdico de mulleres e homes no que compartir un espazo de igualdade. Haberá sorteo de agasallos e animación musical.
As inscricións e recollida de tarxetas poden facerse nas oficinas de Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse remata este mércores, 12 de marzo.
A Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, día 8 de marzo. Unha delas é a presentación do documental titulado Espeleoloxía: substantivo feminino. Será na Casa da Xuventude ás 18:30 horas. A continuación haberá unha mesa redonda sobre o papel da muller no deporte.
Ademais nesa xornada haberá visitas á Cova do Rei Cintolo para persoas non federadas e visita ao Bucle Circular Viana-Niphargus para federad@s.
O panel da exposición titulada A Historia de Mondoñedo leva nome de muller será presentado o día 7 de marzo, venres, durante os actos organizados polo Concello mindoniense para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Será ás 12:00 horas na Praza do Concello.
E ás 12:15 horas terá lugar a lectura da declaración Mondoñedo en Igualdade.
Ademais o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Mondoñedo ten en marcha o concurso Debuxando en Igualdade, para o cal o prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 7 de marzo.