Deportes
Ribadeo acollerá este domingo, día 30 de marzo, o XXVII Torneo de Ximnasia Rítmica, que organiza o club local Escola Porta Norte e o Concello. O evento reunirá a preto de 700 ximnastas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “a competición arrincará na primeira quenda a partir das 10:30 da mañá, na que competirán as ximnastas do nivel Interescolar. A partir das 12:30 a competición reanudarase coas ximnastas dos niveis Promoción e Pre-base. O torneo cerrarase coa competición Escolar na xornada de tarde, que dará comezo ás 16:30 horas”.
O edil ribadense dixo que “o torneo reunirá a unha gran maioría de clubs e escolas lucenses, aínda que tamén contará coa participación de clubs do resto de Galicia. A xornada pecharase sobre as 18:30 da tarde, coa participación de ximnastas nacionais de toda a...
leer másA cuarta edición do Trail As Minas celebrarase na Pontenova este domingo, día 30 de marzo, desde as 10:30 horas. A saída e a meta estará na Praza dos Fornos.
Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, que anuncia que haberá: carreira, andaina, música, pinchos e sorteos.
Os deportistas que participen no trail percorrerán unha distancia aproximada de 18 quilómetros e a andaina será duns 5 quilómetros. Irán por camiños de terra e pistas, que estarán pechados a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización. A saída das carreiras será ás 10:30 horas e andaina empezará ás 10:45 horas.
A inscrición faise a través da páxina web https://ccnorte.com/. O prazo remata este xoves, 27 de marzo, as...
leer másNo Concello de Barreiros foi presentada, en presenza da alcaldesa, Ana Ermida, do concelleiro de Deportes, Daniel García e do representante do club organizador, Club Barreiros Multisport, a I edición da Valkiria Race, un evento deportivo pioneiro na comarca que acolle varias probas competitivas de Pentatlón Moderno e unha carreira de obstáculos, e que espera reunir a máis de 800 deportistas ofrecendo un espectáculo sen precedentes en Barreiros.
O evento arrancará o sábado 20 de setembro cunha xornada competitiva do Campionato de España de Laser Run e outra carreira de Laser Run en modalidade de relevos da Liga Nacional de Clubs. E o domingo 21 disputarase a carreira de obstáculos, un desafiante recorrido de 10 km con máis de 38 obstáculos, integrada na Liga Nacional AOCO (Asociación de Organizadores e Clubs de Obstáculos de España), que...
leer másRibadeo acollerá este domingo, 23 de marzo, unha xornada la liga benxamín de hóckey liña. A xornada estenderase desde as 11:00 da maña ata as 17:00 horas.
Na cita, que terá lugar no pavillón municipal, participarán equipos de A Coruña, Lugo e Xixón.
O Concello de Cervo será este sábado, día 22 de marzo, escenario por primeira vez dunha proba de atletismo do Programa Xogade da Xunta de Galicia. Prevese que máis de 300 atletas, das categorías benxamín, alevín e infantil, se dean cita nas pistas municipais da Veiga procedentes de diferentes clubs de toda A Mariña e que competirán nas modalidades de 50 metros, 60 metros, 80 metros, 1000 metros, altura, relevos, lonxitude ou peso.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, que presentou o evento en compañía do Xefe Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón, e do delegado responsable da Federación Galega de Atletismo para a Delegación de Lugo, Pablo Gandoy, amosou a súa ledicia porque Cervo entre a formar parte do circuíto do programa Xogade, ademais cunha alta participación “e que vai supoñer unha oportunidade e atractivo para seguir...
leer másA sexta edición da carreira Xove Costa Trail celebrarase esta fin de semana, sábado 22 e domingo 23 de marzo, e foi presentada este xoves na Praza do Concello, nun acto que contou coa participación do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural Deportiva Xove, que explica: “Xove Costa Trail é unha carreira de montaña e costeira que na maior parte do seu percorrido transcorre pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do concello de Xove, dende a praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Lago, para logo adentrarse cara á parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público, para finalizar na Praza do Concello, no Centro Cívico de Xove. A carreira XCT 27 Km ten un desnivel acumulado de...
leer másLa asociación Amigos Camino del Mar recorrerá la cuarta etapa de la ruta, desde Cervo hasta Viveiro, este domingo, día 23 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves 20.
Es una etapa de unos 25 kilómetros aproximadamente y los organizadores explican: “quedaremos el grupo a las 8:55 horas. Haremos foto de encuentro y empezaremos a andar sobre las 9:00 horas. Partiremos del parque Reina Sofía de San Ciprián (Cervo), con dirección a Xove, allí pondremos el sello en la credencial en el Ayuntamiento. Después iremos en dirección a San Tirso de Portocelo, para después ir hasta la playa de Muiñelos. Seguimos hasta la playa de Esteiro y a continuación por el Camino del Mar hasta llegar al término municipal de Viveiro. La etapa acaba en Celeiro, en la Capilla de Santa Ana, antiguo hospital de peregrinos”.
Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.
O deputado de Mocidade, Daniel García, participou este venres na
presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, o
tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e o concelleiro de Deportes, Carlos
Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no
monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da
veciñanza.
Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle
visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de
...
Na rúa San Roque está instalada a exposición Xeración Líder, que conmemora os mil números do suplemento deportivo de La Voz de Galicia. En sete paneis pódense ver medio milleiro de portadas da devandita publicación, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A mostra fai un percorrido pola historia do deporte base da provincia de Lugo, centrada en modalidades como o fútbol, o baloncesto e o fútbol sala.
Este sábado, día 15 de marzo, Burela converterase na sede da I Fase Norte do VII Torneo Interescolas, unha competición que reunirá preto de 700 ximnastas procedentes das provincias de Lugo e A Coruña e da comunidade asturiana.
Nesta primeira etapa as participantes competirán co obxectivo de acadar as mellores puntuacións de cara á II Fase, que se celebrará o 17 de maio en Negreira. E os equipos mellor cualificados en ambas fases obterán a clasificación para a final, que terá lugar en Ourense o 28 de xuño.
O evento está organizado pola Escola Porta Norte, club local que competirá cun total de 50 ximnastas na modalidade de conxuntos, e conta coa colaboración do Concello de Burela.
A xornada de competición iniciarase pola mañá ás 9:30 horas e continuará pola tarde a partir das 16:30 horas,...
leer más