Campionatos

Etiquetas:
24/04/2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  primeiro Campionato Galego de Kung Fu e o primeiro Interautonómico desta mesma disciplina este domingo, 28 de abril.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio de Cervo.

Hai xa máis de 80 participantes inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Cataluña. A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate, na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas...

leer más
Etiquetas:
19/02/2024

Os campionatos de baristas e cata de café do IES de Foz, que foron presentados este luns, celébranse dende o mércores 21 ata o venres 23 de febreiro. É a décimo sexta edición do campionato de baristas, o décimo primeiro campionato de cata e o décimo campionato de baristas profesionais. “Un ano máis superámonos e traemos 18 participantes de oito comunidades autónomas: Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León, Madrid, Canarias e Galicia, incluídos dous centros de Educación Especial”, anuncia a organización.

“Isto non é traballo dun só día, nin dunha soa persoa; dende o IES de Foz sentímonos especialmente orgullosos da estreita colaboración que establecemos con toda a contorna na que traballamos, dende o IES San Rosendo, de Mondoñedo, que elabora os centros de mesa, ata a ACIA de Foz, que organiza un sorteo, aproveitando o...

leer más
Etiquetas:
11/02/2024

O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz celebrará este ano os seus campionatos de baristas do 21 ao 23 de febreiro.

O mércores 21 de febreiro a partir das 16:30 horas terán lugar o XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o XI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería.

O xoves 22 desde as 09:00 horas continuará o XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería.

E o venres 23 a partir das 09:00 horas celebrarase o X Campionato Internacional de Baristas Profesionais .

 

Etiquetas:
04/02/2020

A Deputación de Lugo colabora un ano máis na organización e celebración dos campionatos internacionais de baristas que impulsa o IES de Foz coa emisión en directo, por streaming, dos eventos, do que se ocupará o Centro de Formación Audiovisual, e tamén cunha achega económica de 3.000€. Así o anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, que, acompañados do Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do director do IES de Foz, Nicolás Asensio, presentaron este martes no Centro de Formación Audiovisual da Deputación esta nova colaboración cos XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o I Campionato Internacional de Catas de Cafés de...

leer más
Etiquetas:
11/02/2019

O Servizo de Audiovisuais da Deputación emitirá en directo, do 13 ao 15 de febreiro, o XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VII Campionato  Internacional de Baristas Profesionais que organiza o IES de Foz. Así o avanzou o Presidente, Darío Campos Conde, no acto de presentación destas xornadas coas que colabora o organismo provincial, no que apuntou que “alumnos de realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, serán os encargados do streaming. Continuamos, por tanto, coa frutífera colaboración que mantiveron durante dez anos a Fundación TIC e instituto mariñán”.

Durante a presentación, Campos Conde estivo acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, o profesor Marcos Santamaría e os alumnos José Miguel Bodenlle...

leer más