Foz

Etiquetas:
11/04/2025

Foz e Burela acollen esta fin de semana o V Torneo Minibasket M&W, organizado pola Asociación Deportiva Drocer e o CB Celtas de Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O torneo, que se xoga desde hoxe ata o domingo, reunirá 230 xogadoras e xogadores entre os 8 e os 12 anos entre Foz -que acollerá os partidos das categorías premini e mini – e Burela – onde se xogarán os encontros da categoría infantil-.

Ademais de equipos do Celtas de Foz o do CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense).  

Ademais de equipos do Celtas de Foz, con 3 equipos como anfitrión, odo CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo),...

leer más
Etiquetas:
11/04/2025

En Foz está todo listo para a celebración das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA do 17 ao 19 de abril. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cita gastronómica denominámola Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: 9 Olas, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Bar Campos, Dandy, Espacio Machete, Los Dulces de Delphin, Marexada, Mexideli, Tangarte Mesón e Xoyma. 

Paleo contou que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre tivo unha grande acollida, e agardamos que as Santas Tapas neste 2025 sexan un reclamo ao igual...

leer más
Etiquetas:
10/04/2025

Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía. 

O presidente de AciaFozCCA,...

leer más
09/04/2025

A Banda de Música de Foz e a Coral Polifónica de Foz ofrecerán un concerto sacro na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, parroquia do municipio focego. Será este sábado, día 12 de abril, ás 19:30 horas.

A entrada para este evento musical é de balde.

Etiquetas:
09/04/2025

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa este sábado, día 12 de abril, ás 20:00 horas no local da antiga báscula de Marzán (Foz).

A asociación de veciños O Torques, de Marzán, e a Delegación de Cultura do Concello de Foz organizan esta velada de teatro, na que O Centiño, de San Martiño, ofrecerá a súa última obra, Trepa, Tripa e Tropa, “unha crítica sobre as malas formas de vivir e unha louvanza sobre as virtudes que fan mellor a vida. Será polas 8 da tarde no local social da antiga báscula de Marzán. Unha boa ocasión para desfrutar do teatro e pasar un rato divertido. Apuntádevos!”, anuncia o grupo teatral O Centiño.

 

08/04/2025

O Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no IV Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto. As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica municipal, onde existe un trámite específico para a mesma. As bases poderán consultarse no departamento de Cultura ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica. O prazo para anotarse remata o día 5 de maio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que o certame de teatro afeccionado “é unha cita xa consolidada en Foz, onde se xuntan actrices e actores afeccionados e un público amante do teatro. As datas do certame son no vindeiro mes de xuño: os días 6,7 e 8 e 13, 14 e 15, na Casa da Cultura”.

Inés López engade: “agardamos que coma nos últimos anos as compañías se animen a participar e facernos desfrutar ao...

leer más
07/04/2025

Este xoves, día 10 de abril, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación do libro Pájaro Raíz, da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna.

En palabras da autora, Pájaro raíz “es un manojo de textos que nacen de la tierra para transformarse en agua; pájaro que alza el vuelo. Un regreso a la raíz del árbol genealógico y a la sabiduría profunda de la tierra; un rescate de historias ocultas, silenciadas, desde la composta de los huesos hasta la luz del día. Escritura que deviene oralidad, relatos y poemas; palabra escrita, voz que se ofrenda”.

Librería Bahía explica que “Pájaro raíz é un libro artesán, cosido a man, con debuxos orixinais en cada libro e que contén ademais un audio con lecturas e recitados da autora. Lidia Luna é escritora, narradora oral e psicóloga....

leer más
Etiquetas:
03/04/2025

Os meses de abril e maio están en Foz centrados nos libros. A biblioteca municipal Salgado Toimil acolle múltiples actividades para festexar os días do libro infantil, do libro e tamén das letras galegas.

As actividades comezaron este mércores, día 2 de abril, cun obradoiro de monicreques na biblioteca e seguen o venres 4 no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas co contacontos Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, para público familiar.

“Comezamos cuns meses cargados de actividades previas ao verán, que en Foz é único. Agradecemos a colaboración das asociacións locais en moitos dos actos. A cultura dun pobo é moito máis rica grazas tamén á implicación dos veciños”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A Sala Bahía este mes de abril contará...

leer más
02/04/2025

Este venres, día 4 de abril, Brais das Hortas presenta en Foz o seu espectáculo para público infantil e familiar titulado Contos para caghar patatillas. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura, con entrada de balde.

“A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo...e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo....ou de risa!”, anuncia o Concello de Foz.

 

 

Etiquetas:
01/04/2025

Este mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.

O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.