Charlas
El ginecólogo de la clínica Ribera Polusa Viveiro, el doctor Ezequiel Cardoso, impartirá la segunda edición de la charla anual Mujer y Salud, titulada Osteoporosis: claves desde la ginecología. Se celebrará en la Sala Multiusos del Concello de Viveiro este viernes, día 28 de marzo, a las 20:00 horas.
La entrada a este acto es libre y gratuita.
A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) organiza un foro de análise sobre as comunicacións e o transporte na Mariña. Será este xoves, 27 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos do Cenima, en Foz.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “o que queremos é seguir pulsando a opinión da veciñanza sobre unha cuestión tan importante como pode ser o estado das estradas e do tren nesta comarca, e os servizos de transporte cos que contamos. Hai moitas demandas desde as empresas mariñás e voces que teñen moito que dicir. Este xoves teremos un foro de análise para reflexionar todos xuntos sobre esta materia”.
Cruzado Iglesias lembra: “iniciabamos hai un ano estes foros de análise analizando o presente e o futuro do empresariado da Mariña; seguimos en outubro abordando unha problemática tan importante como a de...
leer másEste venres, día 28 de marzo, ás 5 e media da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá o evento titulado Soberanía Dixital III: Linux para a casa. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión cos nosos aparellos electrónicos tipo ordenador ou móbil.
A organización desta actividade explica que “esta charla taller e posterior coloquio é a terceira actividade do ciclo que se desenvolverán ó longo de 2025 impulsado polo grupo amarinha.gal nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin; locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema operativo -isto é, dun conxunto de programas de comunicación coas nosas ‘máquinas...
leer másAs Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros (Anexo do edificio do Concello) acollerán o domingo 30 de marzo (19:00 horas) unha conferencia sobre os resultados do proxecto de escavación en Santo Estevo do Ermo, impulsada por Mariña Patrimonio, a Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
O director da escavación Francisco Alonso Toucido encargarase deste acto divulgativo en que fará o balance das sondaxes e catas que realizaron o pasado mes de outubro, enfocadas en localizar os restos da igrexa e as cabanas das eremitas que fontes históricas escritas ubican neste lugar desde o século XII.
O deputado Daniel García, que visitou o xacemento nas últimas semanas xunto coa alcaldesa Ana Ermida, o concelleiro Dámaso Ratoeira...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un faladoiro titulado Coñece o teu ciclo menstrual. Será este venres, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos municipal.
Correrá a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M. “Neste taller María vainos proporcionar un autocoñecemento e unha visión positiva do ciclo menstrual da muller, para deste xeito poder obter ferramentas para xestionar o seu ciclo, entendendo cal é a normalidade e o que non é”, explica a organización desta actividade.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Subdelegación do Goberno de Lugo, vai a levar a cabo unha sesión informativa de asesoramento en trámites e xestións máis habituais así como na obtención do certificado dixiltal e clave permanente para poder relacionarnos coas administracións públicas. Será este xoves, día 20 de marzo, no Salón de Plenos do Concello a partir das 10:30 horas.
“Nesta sesión contaremos con persoal da Subdelegación do Goberno de Lugo, do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Servizo Público de Emprego Estatal. Para poder participar nesta actividade deberán reservar a súa praza chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457”, explica o Concello de Ourol.
Este venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional.
Desenvolverase no centro sociocomunitario de 18 a 20 horas. Haberá servizo gratuíto de lecer simultáneo para as crianzas.
Estes encontros son un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias. Están organizados pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Os Encontros de Familias seguirán o 28 de marzo e o 4 de abril.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres, 21 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX.
Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, ven de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982), onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.
O Concello de Xove, desde o Departamento de Servizos Sociais, segue coas actividades dentro do programa En Xove marzo é o mes da muller e este venres, día 14, ás 19:00 horas no salón de actos municipal terá lugar unha charla que leva por título Alimentación nas distintas etapas da muller. Será impartida pola dietista Saray Río, especialista en nutrición clínica e educación nutricional e fundadora da web www.nutretuplato.es.
“Nesta charla Saray vainos ensinar a adaptar a alimentación segundo as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos”, explica o Concello de Xove.
O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.
Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...
leer más