Eventos

11/07/2024

O Vicedo celebrará a XXIV Festa do Cabalo este domingo, día 14 de xullo, no miradoiro do parque eólico de Riobarba.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con misa na honra a San Vicente de Francos. Ás 14:00 horas haberá unha degustación de produtos típicos e ás 17:00 horas empezará un campionato ecuestre, con 1.740 euros en premios, que serán entregados ás 18:30 horas. E despois empezará o baile.

Etiquetas:
11/07/2024

A localidade de Piñeiro, que está na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra da Virxe do Carme este sábado, 13 de xullo.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Master.

Etiquetas:
10/07/2024

A parroquia de Muxueira, no concello de Riotorto, celebrará as festas do Carme esta fin de semana, concretamente o venres 12 e o sábado 13 de xullo.

As actividades empezarán o venres ás 21 horas cunha churrascada popular e as actuacións do grupo D´Cano e DJ Bombardero.

E o sábado ás 13:00 horas haberá misa seguida de sesión vermú co dúo Belinda.

Etiquetas:
09/07/2024

O día 26 de xullo, venres, terá lugar a sexta comida anual dos veciños da Regueira, en Ribadeo.

Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona ribadense coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa sexta comida anual, que terá lugar o vindeiro 26 de xullo, venres, no restaurante Voar ás 14:30 horas.
O prezo da comida é de 40 euros e as tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 23 de xullo.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600.277.791), Paco Roibás (639.136.601) e Manolo Álvarez (649.979.036).

09/07/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebrará as festas de Santa Mariña, coñecida popularmente como “avogada das verrugas”, esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo trío Zafiro.

O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena dese día xunto á disco móbil Conxuro.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú prolongada co trío Karma.

 

Etiquetas:
09/07/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, ofrece o soporte técnico e financiamento necesario para a posta en marcha da Rapa das Bestas de Neipín. Equus Norte organiza esta actividade que nace o 20 de xullo na Pontenova co obxectivo de promover a actividade gandeira na Mariña e na provincia de Lugo.

O deputado de Rural Daniel García presentou a cita xunto a Javier Veiga, presidente da entidade organizadora; Isabel Couto, tenente de alcalde; e o concelleiro Xorxe Gómez. A I Rapa da Pontenova súmase á axenda da comarca na que se inclúen eventos históricos como Candaoso, en Viveiro, ou Campo do Oso, en Mondoñedo, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Daniel García explicou o apoio de 18.000 euros dende a área de Rural “para a posta en marcha desta cita, á que desexamos unha longa...

leer más
Etiquetas:
09/07/2024

O Concello de Burela emitirá a participación do equipo do municipio no programa de Televisión Española Grand Prix del Verano o día 22 de xullo. Será na praza do Concello a partir das 21:30 horas. Haberá unha presentación do equipo participante e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22:05 en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.

Dende o Concello de Burela anímase a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de...

leer más
Etiquetas:
09/07/2024

San Ciprián, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme os días 15 e o 16 de xullo.

A cita, organizada polo Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias e por unha representación da asociación Mar de San Ciprián, que se encarga de organizar a procesión; de Mulleres de San Cipirán, que colabora coa decoración floral; e de varios colaboradores da Festa e da asociación A Anxuela.

Os festexos arrincarán o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14:00 horas. Xa á noitiña, ás 21:00 horas terá lugar a tradicional procesión do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Cipirán e acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe. A continuación será a verbena na Praza dos Campos co Grupo Zona Zero e a orquestra...

leer más
Etiquetas:
09/07/2024

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 21 horas con churrascada e chourizada amenizada polo dúo Belinda e a orquestra madrileña La Misión.

O sábado haberá misa solemne ás 13 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Montreal.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú, co dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde a partir das 19 horas. Ademais os nenos e nenas poderán gozar de inchables gratis.

A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporán...

leer más
09/07/2024

Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello  de Ribadeo. Haberá Cine na Rúa a partires das 22:30 horas. No Campo de San Francisco proxectarase “Super Mario Bros. La película”.

E o xoves, día 11, na pista de skate desde as oito da tarde ás doce da noite haberá sesión dj con Pedro Bermúdez. 

Desde a Concellería de Mocidade animan a gozar desta programación que daba comezo o pasado 3 de xullo e que se vai prolongar ata o 9 de agosto.