Santa Cilla
A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará a novena edición da súa Festa dos Callos este sábado, día 25 de xaneiro.
As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha cea e tamén haberá unha actuación musical.
Este evento está organizado pola Asociación Santa Cecilia e colabora o Concello de Foz.
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a patroa da música, Santa Cilla, cun concerto na igrexa ribadense do convento de Santa Clara este domingo, día 24 de novembro, ás 13:00 horas.
Será unha actuación en lembranza do primeiro director da Coral Polifónica de Ribadeo, Carlos Álvarez Fernández-Cid, no 40º aniversario do seu pasamento.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro mércores, 20 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos, que será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.
Polo escenario do auditorio pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, darán forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran Festival de Nadal que a Escola celebrará o 14 de decembro tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a todas e todos os ribadenses a...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará cinco pezas no concerto de San Cilla que ofrecerá o día 16 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “no mes de novembro é a nosa patroa, Santa Cilla, e como sempre a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía celebralo doutra maneira que cun concerto. Este ano vai ser o sábado 16 de novembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval e de todas as pezas que imos interpretar só unha delas xa foi tocada pola Banda; o resto das partituras van estar por primeira vez nos nosos atrís”.
David Ballester engadiu que “tamén é un motivo de alegría que neste concerto haberá algunha incorporación de músicos”.
A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 21 horas con churrascada e chourizada amenizada polo dúo Belinda e a orquestra madrileña La Misión.
O sábado haberá misa solemne ás 13 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Montreal.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú, co dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde a partir das 19 horas. Ademais os nenos e nenas poderán gozar de inchables gratis.
A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporán...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos. Trátase da primeira actividade que realiza dentro dos actos de conmemoración do 30 aniversario do centro.
O responsable da EMMeD, Hugo García, explicou que “polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de moi diferentes estilos. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto. Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 16 de decembro tamén no auditorio e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos”.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreará varias pezas e incorporará novos músicos no concerto para celebrar Santa Cilla. Será o 25 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro.
O director da formación explica que “despois das pequenas vacacións que tivo a Banda Municipal de Música de Ribadeo tralas festas patronais retomamos os ensaios a finais de setembro para preparar a actuación que temos o sábado 25 de novembro ás oito e media da tarde no Teatro, que é o concerto da patroa dos músicos: Santa Cilla, Santa Cecilia ou Santa Icía, como se lle chama en diferentes lugares. Para esta actuación temos o pracer de poder dicir que vamos incorporar novos músicos. Vai estar dividida en dúas partes porque sempre no concerto de Santa Cilla algún dos músicos da banda toca como solista, pero desta volta...
leer másA parroquia de San Cilla, no municipio de Foz, celebra a sétima edición da súa Festa dos Callos este sábado, 28 de xaneiro. Será no local social, dotado de calefacción.
Os actos empezarán ás 20:00 horas cun monólogo cómico a cargo de Avelino González. Ás 21:00 horas será a cea co seguinte menú: empanadas de bonito e de liscos, callos, sobremesa, viño, gaseosa e auga, pan e café. O prezo é de 20 euros por persoa, pero para os nen@s ata 12 anos é gratis. As prazas son limitadas.
A Festa dos Callos de Santa Cilla está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o 19 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 21:00 horas.
Carlos Timiraos dirixirá o concerto Diversidade inclusiva, que ofrecerán a Banda de Música O Landro e Aspanane.
É a banda viveirense a organizadora do evento coa que colabora a Concellería de Educación de Viveiro.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro.
O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.
David Ballester engade que “o repertorio...
leer más