Traíñas
O Club de Remo Celeiro organiza a segunda “Bandeira de Traíñas de Veteráns Cofradía de Pescadores Puerto de Celeiro S.A”, que se celebrará este domingo, día 16 de xuño, a partir das 12 horas na praia de Covas.
Está previsto que participen 11 embarcacións nesta competición válida para la Liga Galega da modalidade.
O Club de Remo Celeiro agradece “la ayuda y apoyo inestimable de Puerto de Celeiro y Cofradía de pescadores Santiago Apostol de celeiro y a tod@s nuestros socios colaboradores”. E engade: “esperamos veros en el campo de regata y que disfrutéis de un día de remo espectacular, en el que nos visitarán Cabo da Cruz, Rianxo, Esteirana, Muros, Vila de Cangas, Cesantes, Chapela, Sanmartolumeu Meira y Puebla”.
O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, 3 de xuño, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, que comezará ás 17:00 horas.
Esta primeira edición da Bandeira de Traiñeiras pertence á Liga Galega de veteranos. Será a primeira vez que o Club de Remo Celeiro compita nunha regata de traiñeiras como anfitrión, dando un paso máis cara a súa consolidación como unha referencia no remo lucense, sendo o único club da provincia nesta modalidade.
O campo de regatas do sábado terá unha distancia total de 3.500 metros, distribuídos en catro quendas duns 875 metros. Nel competirán varios dos mellores clubs desta disciplina en Galicia, como os de Meira (Moaña), Chapela, Tirán, Esteiro, Rianxo ou Cesantes.