Eventos
O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.
As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.
O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.
A Xunta de Galicia impulsa unha variada oferta cultural en 10 concellos da Mariña a través do programa CulturON 2024. O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe na Delegación Territorial os detalles da programación, ques se prolongará ata setembro e abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.
Arias destacou a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia. Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio.
Inclúe proxectos propios da Administración autonómica ou...
leer másA 53ª edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio e Lerín, da parroquia viveirense de Boimente, celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7. Esta feira e festa está declarada de interese turístico.
As actividades empezarán o sábado pola tarde coas actuacións musicais do trío Zafiro e a disco móbil Conxuro.
O domingo haberá feira de gando cabalar e para as 10 horas está prevista a baixada do gando e o peche do curro. A sesión vermú estará amenizada polo trío Zafiro e a partir das 16:00 horas disputaranse carreiras e outras competicións de cabalos e burros.
A parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde o venres 5 de xullo, ata o luns 8 de xullo.
A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.
O programa arrincará o venres ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Nueva Fuerza, Conxuro discomóvil e DJ Litainer.
O sábado, 6 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13....
leer másSan Martiño e Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrarán as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús.
E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, co dúo Venús.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia vén de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVIII Feira do Bonito de Burela. Resultou gañador na categoría A (ata 14 anos) Camilo Silva Larrosa; e na categoría B (maiores de 14 anos), Maite Fernández Cendoya. O traballo da categoría A será o que apareza no programa de man e o da B no cartel anunciador da feira. E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirmase Walls como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela, anuncia Ledicia.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, destaca que “a Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar...
leer másSan Pedro de Mor, en Alfoz, celebra o día do Carme con actividades variadas os días 14 e 16 de xullo
A Asociación alfocense de veciños e veciñas de San Pedro de Mor organiza unha serie de eventos para celebrar o Carme o domingo 14 de xullo e o martes 16 de xullo.
O día 14 comezará cunha misa solemne para honrar a festividade. Máis tarde, os asistentes poderán gozar dunha agradable sesión vermú a cargo do dúo Epok. Ás 15 horas haberá unha comida campestre composta de paella, costela asada, postre, bebida e café servida polo catering Chao da Brea. O prezo é de 25 euros por persoa e 13 euros para nenos de 6 a 10 anos. Os menores de 6 anos comerán gratis. Pola tarde, haberá sesión co dúo Epok e actividades gratuítas para os máis pequenos. Como novidade, este ano a celebración contará cunha carpa para maior comodidade dos alí presentes.
O día 16 terán lugar dúas misas para celebrar o día do Carme ás 10 e ás 13 horas....
leer másOs establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante as fins de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa (Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos).
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas, de amigos e de familia, son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar das fines de semana de verán na hostalería ribadense, que ten moito que...
leer másA hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o IX Ribadeo Indiano, que foron presentados hoxe pola organización do evento. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 12 ao 14 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.
... leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña organiza este sábado, 6 de xullo, unha xeoruta polo pregue xigante, en Barreiros. Esta actividade enmárcase dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A xeoruta do pregue xigante dará comezo ás 10 da mañá e será guiada polo xeólogo Iván Rodríguez. A duración será dunhas tres horas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a incrible viaxe dunhas rochas que se depositaron hai 500 millóns de anos na costa dun antigo continente do hemisferio sur para atoparse hoxe no litoral de Barreiros despois de pasar polas raíces dunha montaña tan alta como o Himalaya. As persoas que acudan a esta actividade verán os pregues que as deforman e as intrusións de magma que as atravesaron. E...
leer más