O Vicedo

13/04/2025

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.

As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez

Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.

A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.

Etiquetas:
28/03/2025

O Concello de O Vicedo anuncia a celebración dunha charla titulada Educamos desde o respeto, a disciplina positiva na familia. Será o luns 31 de marzo ás 17:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

A encargada de impartir esta charla é Carolina García Chico (pedagoga en Comunícate Logopedia e especialista en Intervención e Terapia Familiar).

27/03/2025

O grupo teatral 57 palabras, de Viveiro, representará a obra titulada Sen frores nin coroas este domingo, día 30 de marzo, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.

O encargado da tradución e dirección da obra é Juan Pascual, que tamén forma parte do elenco xunto a Dolores Blanco, José Manuel Vale, Maki Franco e Cristina Suriano.

A entrada é gratuíta.

26/03/2025

A Asociación Recreativa Cultural Os do 21, de O Vicedo, celebrará o seu primeiro serán este sábado, día 29 de marzo, a partir das 12:00 horas. Será no campo da festa de Negradas.

Serviranse racións de callos con bebida e postre por 18 euros, pero para participar na comida hai que anotarse previamente a través do teléfono 616.762.659 ou mercando o ticket en establecementos de O Vicedo.

Ás 16:30 horas o grupo Os Carecos ofrecerá un obradoiro de baile e ás sete da tarde comezará a foliada. Ademais ao longo da xornada haberá diferentes sorteos.

Etiquetas:
04/03/2025

O Vicedo celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 8 de marzo.

As actividades empezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú dobre na que actuarán o dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. Desde as 17:30 horas haberá festa infantil con colchonetas e merendola ás 20:30 horas. Para as 21:30 horas está programado un desfile infantil e ás 22:30 horas comezará verbena amenizada polo dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. E ás 00:30 horas terá lugar o desfile adultos, no que se sorteará unha cesta e haberá premios para os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.

Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo 2025.

Etiquetas:
02/03/2025

Será a partir das 21:30 horas. Haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E non faltarán os premios aos mellores disfraces: individual, parellas e grupos, e especiais a menores de 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 16. 

A Festa contará coa animación do Dúo Boreal.

O evento está organizado pola asociación de mulleres de San Román do Val.  

Etiquetas:
28/02/2025

Folgueiro, no concello do Vicedo, celebrará o Antroido este sábado, día 1 de marzo. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido; o prezo de cada ración é de 6 euros. E a continuación, baile co grupo Zona Zero e Disco Móbil Olymρο.

Haberá premios para os mellores disfraces en categorías de grupos, parellas e individuais.

Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.

03/02/2025

O Concello do Vicedo organiza un obradoiro de solo pélvico que se desenvolverá o día 21 de febreiro, venres, de 17 a 20 horas.

O alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, fixo público un bando no que anuncia que “o vindeiro 21/02/2025 celebrarase un obradoiro de solo pélvico, en colaboración co Servizo galego de Saúde. Como requisito sinalamos contar cun número mínimo de 10 inscricións, abertas a tódolos interesados, cun enfoque inclusivo e accesible para todas as idades e niveis. O prazo de inscrición estará aberto con data límite do 07/02/2025, chamando ao departamento do Servizos Sociais do Concello a través do número 982.59.00.01. O lugar de celebración dependerá das inscricións formalizadas (locais sociais das parroquias ou Casa da Cultura de O Vicedo)”.

28/01/2025

O grupo mariñao Trípode Teatro representará a obra para todos os públicos titulada A presa na Casa da Cultura do Vicedo. Será o sábado 15 de febreiro ás 20 horas.

A presa é “unha crítica á perda de humanidade que pode supoñer a modernidade, un canto louvando a importancia das orixes e da natureza”, explica o grupo Trípode.

27/01/2025

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá a xornada titulada A Administración cerca de ti o día 13 de febreiro, xoves. Será entre as 10:30 e as 13:30 horas.

“¿Queres ter o certificado dixital no teu móbil? Moitas veces temos que presentar escritos nas sedes electrónicas das administracións e así poderás entrar directamente desde o móbil. Achégase unha nova edición da xornada da Administración cerca de ti. Nela poderedes informarvos dos servizos da Administración do Estado e como novidade este ano, asistirán técnicos do Servizo Público de emprego (SEPE) e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)”, anuncia a Casa da Cultura do Vicedo.

Para organizar o acceso establecerán quendas de 15 minutos e é necesario anotarse no teléfono 982.59.01.95 (Casa da Cultura do Vicedo).