Certámenes
Desde a Área de Igualdade a súa responsable, Begoña Sanjurjo, explica que “desde o 19 de marzo ata o 4 de abril podedes participar neste concurso e compartir a vosa visión sobre a igualdade de xénero. Buscamos fotografías que reflictan a igualdade desde calquera perspectiva: corresponsabilidade no fogar, deporte en igualdade, conciliación laboral... A vosa creatividade será a protagonista”.
A edil ribadense indica que “participar é moi sinxelo. So tedes que enviar as vosas fotografías por email a cim@ribadeo.gal poñendo como asunto: Obxectivo Igualdade 2025: Qué para ti a Igualdade? Desde esta Concellería queremos animarvos a participar e a amosar a vosa visión sobre a igualdade”.
O concurso establece os seguintes premios:
- Categoría A (12-17 anos): 250 € + Diploma....
O Concello de Burela convoca a décima edición do Concurso contra a Discriminación Racial. “A partir do 21 de febreiro e ata o 21 de marzo, poderás presentar os teus traballos en diferentes formatos: debuxos, pinturas, vídeos, lemas ou textos, sempre transmitindo un mensaxe clara contra a discriminación racial. Hai tres categorías: nenos e nenas de 6 a 12 anos; adolescentes de 13 a 17 anos; e persoas de 18 anos en diante. Anímate a participar e a compartir o teu mensaxe por un mundo sen discriminación!”, anuncia o Concello.
Os traballos poden presentarse no Concello de Burela ou por correo electrónico, na dirección integracioninmigrantes@burela.org.
“Achégase unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. Para conmemorar ese día desde o Concello de Cervo queremos convidarvos a participar no concurso Versos de Rosalía. Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto,...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 12:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.31.59. 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia”, anuncia o Concello de Cervo.
Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00...
leer másCecilia Reigosa Montero es la ganadora del XI Concurso de Cartas de Amor convocado por la galería ribadense Terra Branca.
Querido Valadouro es el título de la carta premiada, cuyo audiovisual se puede ver ya en las redes sociales de Terra Branca.
Fueron 82 las cartas presentadas al concurso de Terra Branca, llegadas desde diferentes puntos de España y escritas tanto en gallego como en castellano. José Ramón Leal, el director de la galería, señala: “le damos nuestra más sincera enhorabuena a Cecilia. Y queremos convocaros a todos a participar ya en la duodécima edición de nuestro querido concurso en 2026”.
El jurado estuvo formado por la artista Mariángel Leal, por la lectora Mari Carmen Vidal y por José Ramón Leal, director de la galería Terra Branca.
...
leer másA Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero. O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.
O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a...
leer másO Concello de Cervo convoca o XI Certame de Amor na Rede. O tema xenérico é a Fórmula do Amor. Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo. Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal. O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 13 de febreiro e poden entregarse a través do correo prensa@concellodecervo.com ou do whatsapp 683.31.59.39.
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Os orixinais serán publicados o venres 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” nese día, ata...
leer másO Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Mondoñedo anuncia: “xa se achega o Día Internacional da Muller e, como cada ano, convocamos xo noso concurso Debuxando en Igualdade para o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Meira. Podes consultar as bases nas oficinas e nas redes sociais do CIM”.
O prazo para a presentación dos traballos está aberto ata o 7 de marzo.
A asociación cultural O Picato convoca a novena edición do Concurso do Cartel Anunciador do Entroido de Trabada. O prazo para presentar traballos a este certame remata o día 31 de xaneiro.
As bases de participación son as seguintes: poderán participar tódalas persoas que así o desexen; os traballos deben ser en tamaño DIN A4 (folio); a temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido; a data límite de entrega é o venres 31 de xaneiro de 2025 ás 19:00 horas; os traballos recolleranse no Spar Express Trabada; cada participante pode entregar un máximo de dúas obras; os traballos serán anónimos e os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo; os datos a incluír son nome, apelidos e teléfono de contacto; o premios é de 50 euros, que se entregará xunto cos premios do desfile; o fallo do xurado, formado...
leer másLa galería ribadense Terra Branca convoca el XI Concurso de Cartas de Amor.
José Ramón Leal, el director de Terra Branca, explica que “ya hemos puesto en marcha nuestro Concurso de Cartas de Amor. Queremos animaros a escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. Puede estar dirigida a tu pareja, a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, a tu mascota…”.
Leal indica que “la obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que recibamos y no cumplan con dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante. Y los trabajos pueden estar redactados en gallego o castellano”.
El director de Terra Branca añade que “podéis enviar vuestras obras por correo...
leer másA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros vén de convocar o Certame de Poesía e Debuxo Infantil Nadal 2024 na súa fase local de acordo as bases publicadas na web municipal: www.concellodebarreiros.gal.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 19 de decembro de 2024, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou nos colexios do concello.
Os traballos premiados nesta Fase Local, na modalidade de poesía, participarán na Fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.