Eventos
O programa da TVG Aquí Galicia achégase a Cervo o día 1 de agosto, xoves, ás 16:30 horas na Praza do Souto, para facer un vídeo musical, que se emitirá nun programa especial pola Maruxaina.
O Concello de Cervo anuncia: “con nós estará a recanteira Miriam Cea para interpretar Ajárrate, de Mercedes Peón. Queremos crear un gran pasarrúas ao son desta canción. A convocatoria é para toda a veciñanza de Cervo, que se acheguen representando ás asociacións, clubs deportivos, agrupacións e demais veciños/as de tódalas idades”.
A comisión de festas en colaboración co Concello de O Vicedo organiza as súas tradicionais festas na honra a Santo Estevo e Santa Lucía. Durante 3 días o municipio encherase de música, actividades relixiosas, verbenas e diversión para todas as idades.
O venres, 2 de agosto, ás 22:45 horas, o grupo Jaque e a orquestra Fania Blanco encargaranse de abrir o evento cunha gran verbena.
O sábado, 3 de agosto, ás 11:00 da mañá pasarrúas coa Banda de Gaitas do Ortegal. Ás 12:00 horas haberá eucaristía solemne na honra aos santos seguida de procesión. Máis tarde, ás 14:00 horas sesión vermú co acompañamento musical do grupo Zona Zero. Para rematar o día, ás 22:45 horas gran verbena a cargo dos grupos Zona Zero e Pasión, ademais de Discomóbil Conxuro.
O domingo, 4 de agosto, ás 12:00, Santo Estevo...
leer másA parroquia de Masma está preparada para acoller do 2 ao 4 de agosto as tradicionais festas en honor a San Antonio e San Cristovo cun programa cheo de actividades para toda a familia.
O venres, 2 de agosto, ás 21:30 horas o catering Boavista de Abadín sevirá unha cea e despois haberá verbena con Dúo Belinda.
O sábado, 3 de agosto, ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne seguida dunha procesión. A continuación, os asistentes desfrutarán dunha sesión vermú con pinchos a cargo do Grupo Fénix. Ás 18:00 horas a festa contará cunha sesión “chillout” con Discomóbil Sanbet. A esa mesma hora, festa infantil con xogos populares e hinchables. Máis tarde, ás 19:00 horas, os nenos poderán recargar enerxías cunha merenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas está prevista a verbena co Grupo Fénix e final de festa con Discomóbil...
leer másOs días 2,3 e 4 de agosto Alfoz celebra a tradicional Festa dos Chófers. Durante tres días os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, música e celebracións.
O venres, 2 de agosto, a partir das 23:00 horas comezará a verbena coa discoteca móbil Eventec e a orquesta New York.
O sábado, 3 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquesta Stereo. A partir das 23:00 horas a festa contará coas actuacións das orquestras Stereo e Miramar.
O domingo, 4 de agosto, ás 11:00 celebrarase a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas haberá misa seguida pola bendición de vehículos, con premios para os mellores de cada categoría. Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co grupo Montreal e, para rematar, a verbena...
leer másA feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.
Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.
Ribadeo renderá homenaxe esta fin de semana ao Viejo Pancho. Haberá teatro, música e ofrenda floral, entre outras actividades.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar os actos centrais da conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho. Como preludio hoxe presentamos unha páxina web elviejopancho.org, financiada pola Secretaría Xeral de Emigración e na que podemos atopar a biografía do autor, imaxes, a pegada que deixou na música e na prensa e actividades que na actualidade se vinculan co Viejo Pancho”.
A edil ribadense relatou que “o sábado ás 20:30 horas no auditorio municipal o Grupo de Teatro de Ribadeo poñerá en escena El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto, original y en verso. A continuación no quiosco do parque ás 21:30 horas...
leer másO programa da Xira de Santa Cruz, en Ribadeo, que organiza a asociación Amigos da Gaita Galega e é festa de interese turístico de Galicia, inclúe actividades para os días 3 e 4 de agosto, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado 3 ás 20:00 horas no Cine Teatro co pregón a cargo da familia Mon e de seguido actuarán os grupos das escolas da asociación Amigos da Gaita Galega.
E o domingo 4 de agosto na vila ribadense ás 12:00 horas haberá pasacalles a cargo de AC Ponte da Pedra, O Arco da Vella e CC A Ponte Vella e actuación dos grupos das escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno. Despois farase a subida ao monte Santa Cruz, onde haberá xantar tradicional, música e baile. Ás 19:00 horas farase unha ofrenda floral no monumento ao gaiteiro e ás 19:30 haberá concertos de Fransy González, Davide Salvado...
leer másA tradicional romaría do Monte Castelo celebrarase os días 26, 27 e 28 de xullo, baixo a organización da Asociación R.C.M. Amigos do Monte Castelo e do Concello de Burela coa colaboración de Absa e Ledicia. A programación inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
Os interesados poderán acceder ás parcelas dende as 18:30 ata as 20:30 do mércores 24 de xullo despois de que foran confirmadas as reservas do ano anterior.
O venres, 26 de xullo, ás 20:00 horas celebrarase unha misa na igrexa da Vila do Medio e, para rematar o día haberá unha chicharrada ás 21:00 horas seguida da actuación do grupo Alaska e dun DJ a partir das 23:00 horas.
A xornada do sábado 27 comezará coa sesión vermú ás 14:00 horas a cargo do Grupo Superstar. De 18:00 a 21:00 terá lugar un concurso...
leer másVilela, localidade da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra da Nosa Señora do Carme este sábado, 27 de xullo.
As actividades comezarán as 12:30 horas cunha procesión coas imaxes da Nosa Señora do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos, acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
Ás 15:00 horas terá lugar o terceiro xantar de irmandade Camiño Norte de Vilela e de 17:00 a 20:30 horas haberá festa para os nenos e nenas, con inchables, barredora, toro mecánico, etcétera.
Ás 18:00 horas volverá a actuar o dúo Belinda e haberá un sorteo sorpresa.
E rematará a xornada festiva cunha verbena amenizada polas orquestras La Travesía e Tokio.
Motor Eo, en colaboración con diversas entidades, organiza dúas actividades para a próxima fin de semana.
O 27 de xullo A Pontenova será o escenario dun emocionante evento de descenso de carrilanas, puntuable para as Copas Galicia e España.
As veirficacións técnicas e administrativas terán lugar desde as 10:00 ata as 13:30 horas. Ata as 14:30, os inscritos poderán gozar duns aperitivos xusto antes de iniciarse o remonte para comezar a competición, que incluirá unha quenda de adestramentos e dúas oficiais. Ás 20:00 horas, a xente poderá participar nun percorrido máxico polos bares da vila. A xornada culminará cunha cea e celebración na Praza dos Fornos ás 22:00 horas. O prezo dos tíckets é de 25 euros para adultos e 15 para nenos.
A vila acollerá tamén a cuarta edición do Festival...
leer más