Fazouro
A Asociación de Veciños Xunta Parroquial de Fazouro, en colaboración co Concello de Foz, anuncian as Festas Patronais Santiago de Fazouro 2024, que terán lugar os días 25 e 26 de xullo, ofrecendo unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
As festas comezarán o día 25 ás 13:00 horas con misa na igrexa parroquial e coa procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela. A continuación, sesión vermú co trío Nostalgias. Ás 23:00 horas terá lugar a gran verbena co trío Nostalgias e o dúo Ángel América. O día rematará cun espectáculo de fogos artificiais.
O venres, 26 de xullo, haberá misa na capela de San Salvador ás 13:00 horas, procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela e sesión vermú co dúo EPO-K. A partir das 20:00 horas serviranse racións de troita, patacas, torreznos e pan cun prezo de 8 euros a...
leer másOs Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Fazouro. Será o 28 de agosto. Hai que anotarse.
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza o último andareiro do verán deste ano, que terá lugar o 28 de agosto polo Castro de Fazouro.
A saída será ás 9:00 horas da Casa do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse, ata o venres 27, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta, dunha lonxitude de 15 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo. Ademais cumpriranse os protocolos anticovid con compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 metros de distancia de seguridade.
... leer másO Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo cal se declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro (no Concello lugués de Foz), coa categoría de xacemento arqueolóxico.
Este castro, situado no lugar de Punta do Castro, en Foz, posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro que se sustenta en que é o único poboado costeiro escavado e musealizado na costa cantábrica galega e, neste senso, é un referente para o coñecemento e a difusión dos valores culturais da época castrexa. Aínda que nas súas proximidades existen outros castros similares, ben é certo que non co seu grao de coñecemento e posta en valor.
Por tanto, as escavacións que se realizaron permitiron obter moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes nesa época. Cómpre salientar o seu forte grao de...
leer más