Eventos

27/03/2025

Viveiro acollerá un evento pro recadación para as Festas do San Roque no Día das Tortillas, que é o domingo 6 de abril.

Está organizado pola comisión Viveiro en Festas, que explica: “cremos que o Días das Tortillas é unha festa moi chula para seguir mantendo en Viveiro, así que imos facer que o parque Pernas Peón sexa un sitio para celebrar en boa compañía o domingo 6 de abril. Imos ter á venda tortillas grazas á colaboración co restaurante La Tortilla Maravilla, en porcións ou enteiras, pero podes reservar a túa a través do whatsapp do teléfono 619.14.14.62. A partir das 12 abrimos inscricións para o I Concurso Popular do Día das Tortillas, no que calquera veciño ou veciña pode presentar a súa mellor receita”.

Ademais a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e ás 17 horas, veredicto do...

leer más
Etiquetas:
26/03/2025

Ribadeo celebrará o 25 aniversario como destino turístico e os 20 anos como Ben de Interese Cultural o vindeiro 3 de abril nun acto, que se desenvolverá no auditorio municipal, e que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

O alcalde, Dani Vega, contou esta mañá que “Ribadeo celebra 25 anos de destino turístico e 20 anos de BIC (Ben de Interese Cultural). Vainos acompañar o presidente da Xunta. Sete municipios de todo Galicia celebramos ser ese destino turístico. Estamos a falar de Pobra de Trives, de Lieiro, de Monterrei, Sanxenxo, Baiona e Mondariz Balneario. Sete municipios que hai 25 anos foron declarados destinos turísticos por parte da Xunta de Galicia. Recordar isto quer dicir que durante todo un proceso fomos medrando e fomos traballando estratexicamente por ter un turismo de calidade, un turismo estratéxico e...

leer más
26/03/2025

A Mariña acolle do 28 ao 30 de marzo o encontro de observación da natureza natureWatch, que se celebrará presencialmente no Centro Sociocultural de Barreiros e que inclúe ademais diversas visitas ao territorio. Un total de 60 persoas, chegadas principalmente de Galicia, pero tamén doutros puntos de España (Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña e Castela a Mancha), terán a oportunidade de afondar no coñecemento deste territorio como destino ornitolóxico, xeolóxico e botánico a través dun evento de recoñecido prestixio nacional. A meirande parte correspóndese con perfís vinculados á xestión turística e de produtos, guías turísticas, entidades de xestión da biodiversidade, asociacións ambientais, técnicos de turismo e empresas hoteleiras, entre outros.

O evento natureWatch foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo como evento...

leer más
26/03/2025

La Semana Santa de Viveiro adelanta los horarios tradicionales de las procesiones del Jueves Santo, “tratando de evitar las horas en que venía acabando la última procesión. De esta manera contribuimos a mejorar la asistencia a todas ellas y al descanso necesario para no perder el Encuentro en la mañana del Viernes Santo”, explica la portavoz de la Xunta de Cofradías, Mari Carmen López Gómez.

El comunicado oficinal sobre este asunto indica: “Reunidas los responsables de la Venerable Orden Tercera, la Hermandad del Prendimiento y la Cofradía de la Misericordia, con actitud proactiva y de consenso para buscar una racionalización de los horarios y no se alargue esta jornada de forma desproporcionada, hemos decidido adelantar los horarios de nuestros desfiles procesionales. Dicho acuerdo ha sido ratificado de forma unánime tanto por los...

leer más
26/03/2025

A Asociación Recreativa Cultural Os do 21, de O Vicedo, celebrará o seu primeiro serán este sábado, día 29 de marzo, a partir das 12:00 horas. Será no campo da festa de Negradas.

Serviranse racións de callos con bebida e postre por 18 euros, pero para participar na comida hai que anotarse previamente a través do teléfono 616.762.659 ou mercando o ticket en establecementos de O Vicedo.

Ás 16:30 horas o grupo Os Carecos ofrecerá un obradoiro de baile e ás sete da tarde comezará a foliada. Ademais ao longo da xornada haberá diferentes sorteos.

26/03/2025

O Concello de Xove, a través da Área de Muller e Igualdade, organiza actividades de conciliación familiar, para nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, durante a Semana Santa, concretamente os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 8:45 a 14:15 horas.

Para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou na sede electrónica do Concello de Xove. O prazo remata o día 31 de marzo, luns.

26/03/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que “ven de presentarse o programa e cartel da Semana Santa de Mondoñedo. As celebracións comezarán o sábado día 12 de abril co pregón e rematarán o domingo día 20 coa Misa de Resurrección”.

Tamén explica que “durante toda a semana haberá procesións e celebracións relixiosas, sendo o Venres Santo, día 18 de abril, onde se concentra o groso das celebracións”.

26/03/2025

San Ciprián acollerá o día 19 de abril, sábado de Semana Santa, a III  Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por varios membros do club organizador.

Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola terceira edición, “reflexa o espírito inclusivo e participativo do club de trail, como unha actividade complementaria ao deporte na que convivir, desfrutar e tecer novos lazos ou mesmo recuperar antigos vínculos, con reencontros e novas amizades entre persoas que ser irán acomodando no xantar en función da década de nacemento”.

As persoas...

leer más
26/03/2025

O Concello de Barreiros, desde a Área de Igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa. Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.

As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, o 2 de abril.

Participar neste programa terá un custo de 5 euros para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20 euros para as non empadroadas.

... leer más
Etiquetas:
26/03/2025

Mondoñedo celebra a Festa da Árbore desde o ano 1569 e a edición deste 2025 terá lugar na Praza do Concello este sábado, día 29 de marzo.

As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos populares e tradicionais. Ás 13:15 horas haberá plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical. E ás 13:30 horas entregaranse os premios do XIII Concurso da Árbore e os debuxos participantes no certame exporanse durante a festa.

Este evento está organizado pola asociación cultural O Pasatempo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.