Cervo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación A Rebolaxe na organización da Foliada Nordestía, que se celebrará o 12 de abril en San Cibrao, no concello de Cervo. O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa deste encontro de música tradicional, que contará cos concertos de Tumba e Dálle, Xisco Feijóo e A Requinta da Laxeira na Praza dos Campos.
Daniel García valorou “o traballo de A Rebolaxe na conservación e na difusión da música tradicional coa organización desta foliada, pero tamén ao longo de todo o ano como agrupación musical e como promotora de aulas de música tradicional. Se podemos disfrutar desta xornada de Foliada,e polo traballo continúo e de base que mantén vivo o interese por ese patrimonio”.
A xornada comezará cos Cantos de Taberna, no...
leer másSan Ciprián acollerá o día 19 de abril, sábado de Semana Santa, a III Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por varios membros do club organizador.
Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola terceira edición, “reflexa o espírito inclusivo e participativo do club de trail, como unha actividade complementaria ao deporte na que convivir, desfrutar e tecer novos lazos ou mesmo recuperar antigos vínculos, con reencontros e novas amizades entre persoas que ser irán acomodando no xantar en función da década de nacemento”.
As persoas...
leer másEste sábado, día 29 de marzo, haberá un novo Guateque de Arruguiñas, que estará amenizado polo dúo Zafiro. Será nas Escolas Vellas de San Román ás 18:30 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Comunidade de Montes de San Román.
No marco do programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o CEIP de Cervo participa este curso académico no proxecto colaborativo “Cada gota cuenta”, unha iniciativa que reúne centros educativos de distintas comunidades autónomas para compartir experiencias e boas prácticas educativas.
Durante esta semana, o noso centro acolle a visita de once docentes procedentes de Asturias (CRA Lena), Alacante (CEIP Pintor Sorolla), Cartaxena (CEP Antonio de Ulloa) e Gran Canaria (CEIP Tagoror). Durante tres días, terán a oportunidade de coñecer a nosa contorna educativa, mergullarse no día a día do noso alumnado e intercambiar coñecementos e metodoloxías didácticas.
A visita dará comezo mañá, mércores, cun acto de recepción que terá lugar ás 9:45 horas. O evento contará coa presenza da Alcaldesa de...
leer másA asociación de veciños do Burgo de Trasbar, no concello de Cervo, organiza o seu VIII Maratón de Tute para este sábado, día 29 de marzo, desde as 16:30 horas.
Será no local social do colectivo organizador e para participar hai que inscribirse previamente. O prazo remata este venres, 28 de marzo.
Esta Semana Santa queremos tamén colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así este martes, día 25 de marzo, abre o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia en Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.
Cervo Concilia é un programa de actividades de Semana Santa dedicado a nenos/as de entre 3 e 12 anos que permite que os pais e as nais poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. (Os/as nenos/a de 3 anos son aqueles/as que estudan cuarto de infantil no curso 2024/2025 e os de 12 anos son os que cursan sexto de primaria neste período). O curso levarase a cabo o 14, 15, 16 e o 21 de Abril, en horario de 8:30h a...
leer másO concello de Cervo será o escenario o domingo 13 de abril da II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A saída está prevista para as 10:00 horas desde o pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, que será duns 15 quilómetros aproximadamente; sesión vermú e baile no polideportivo da man de Disco Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo...
leer másO Concello de Cervo será este sábado, día 22 de marzo, escenario por primeira vez dunha proba de atletismo do Programa Xogade da Xunta de Galicia. Prevese que máis de 300 atletas, das categorías benxamín, alevín e infantil, se dean cita nas pistas municipais da Veiga procedentes de diferentes clubs de toda A Mariña e que competirán nas modalidades de 50 metros, 60 metros, 80 metros, 1000 metros, altura, relevos, lonxitude ou peso.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, que presentou o evento en compañía do Xefe Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón, e do delegado responsable da Federación Galega de Atletismo para a Delegación de Lugo, Pablo Gandoy, amosou a súa ledicia porque Cervo entre a formar parte do circuíto do programa Xogade, ademais cunha alta participación “e que vai supoñer unha oportunidade e atractivo para seguir...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 22 de marzo, “inauguramos a primavera cun novo Guateque de Arruguiñas”. Será na Escola de Rúa ás 20:00 horas e actuará o dúo Samba.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
O Concello de Cervo programa unha nova edición dos campionatos de tute e de parchís, con motivo do Día do Xubilado. As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar dende o próximo luns, día 24 de marzo.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata este venres, día 21, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
O encontro informativo para preparar o desenvolvemento dos campionatos terá lugar este venres, 21 de marzo, ás 12:00 horas na Casa do Mar.