Ourol
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de prevención de infeccións e uso dos antibióticos. Esta actividade vaise a realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 3 de abril, xoves, ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457 ou a través do seguinte enlace da Escola Galega de Saúde: https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...
O grupo humorístico Trípode representará a obra teatral titulada A presa en Bravos (Ourol) este domingo, día 30 de marzo. Será ás 18:30 horas no Local Social, con “taquilla inversa”.
É unha actividade organizada polo grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos, que con esta representación pecha o seu ciclo de teatro deste mes de marzo.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Subdelegación do Goberno de Lugo, vai a levar a cabo unha sesión informativa de asesoramento en trámites e xestións máis habituais así como na obtención do certificado dixiltal e clave permanente para poder relacionarnos coas administracións públicas. Será este xoves, día 20 de marzo, no Salón de Plenos do Concello a partir das 10:30 horas.
“Nesta sesión contaremos con persoal da Subdelegación do Goberno de Lugo, do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Servizo Público de Emprego Estatal. Para poder participar nesta actividade deberán reservar a súa praza chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457”, explica o Concello de Ourol.
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza o Mes do Teatro, que inclúe representacións os domingos 9, 23 e 30 marzo. Todas elas serán as 18:30 horas no Local Social de Bravos.
Actuarán o grupo de teatro Pico do Castro, que representará a obra O Randiña; O Centiño, con Trepa, Tripa e Tropa; e Trípode, que escenificará A presa.
“Achégate a pasar unha tarde cultural e en comunidade”, animan desde o grupo de teatro da ACRD Auturuxeiros de Bravos.
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol invita a toda a veciñanza a participar no acto conmemorativo que terá lugar o día 7 de marzo, venres, no Edificio Multiusos ás 12:15 horas. Este acto consistirá na lectura da Declaración Institucional aprobada pola FEGAMP, baixo o lema Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as mulleres e nenas en toda a súa diversidade, facendo un chamamento á acción para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres. Así mesmo estará instalado un photocall para que todas aquelas persoas que o desexen participen sacando unha foto con unha mensaxe pola Igualdade. As fotos iranse subindo ás redes sociais do Concello durante o mes de marzo “co fin de lanzar unha mensaxe de unión e concienciación á poboación en calquera acción que promova valores de igualdade e...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de primeiros auxilios. Esta actividade vaise realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 6 de marzo, xoves, ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
La comisión de fiestas de Santa Mariña de Miñotos, en el municipio de Ourol, organiza una cena baile para el día 15 de febrero, sábado, desde las 22:00 horas.
Será en O Val do Naseiro y el menú incluye: langostinos a la plancha, jarrete de ternera asada al estilo de la abuela, tarta casera de queso semifría, café, vinos Ribeiro y Rioja, refrescos, agua y cervezas. El precio por persona es de 35 euros.
La música correrá a cargo del trío Galilea y de Disco Móvil Olimpo.
O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de “promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal”. O prazo para anotarse remata o día 31 de xaneiro.
Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesións de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade; cociña básica e saudable e conservación de alimentos; organización e planificación de tarefas domésticas; iniciación á costura e reparación básica de prendas; limpeza e organización do fogar, lavado, dobrado e planchado de roupa; autocoidado persoal e hábitos saudables.
... leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello. Levarase a cabo dende o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e no pavillón polideportivo.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de decembro.
O día 19 de decembro, xoves, Ourol recibirá a visita de Papá Noel con un acto no que haberá tamén un contacontos de Nadal. Será no Edificio Multiusos ás 18:00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de decembro.
O Concello de Ourol anuncia: “moi poucos coñecemos a verdadeira historia de Papá Noel. A través deste contacontos descubriremos todos os segredos da súa vida e como comezou a facerlle regalos ós nenos e nenas. Unha historia chea de maxia , amizade e ilusión. Acompañádenos o día 19 de decembro as 18:00 horas. No edificio multiusos de Ourol. Haberá moitas sorpresas!!! Inscricións na páxina web do concello de Ourol, no apartado de Biblioteca ou na páxina de Facebook do concello de Ourol no enlace habilitado. Non esquezades traer a carta para Papá Noel!!...
leer más