Teatro

27/03/2025

O grupo teatral 57 palabras, de Viveiro, representará a obra titulada Sen frores nin coroas este domingo, día 30 de marzo, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.

O encargado da tradución e dirección da obra é Juan Pascual, que tamén forma parte do elenco xunto a Dolores Blanco, José Manuel Vale, Maki Franco e Cristina Suriano.

A entrada é gratuíta.

Etiquetas:
27/03/2025

O grupo humorístico Trípode representará a obra teatral titulada A presa en Bravos (Ourol) este domingo, día 30 de marzo. Será ás 18:30 horas no Local Social, con “taquilla inversa”.

É unha actividade organizada polo grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos, que con esta representación pecha o seu ciclo de teatro deste mes de marzo.

25/03/2025

Sarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada O dragón de ouro este venres, día 28 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

Forma parte da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “unha gran oportunidade para gozar de teatro de calidade e reflexionar sobre temas actuais! Sarabela Teatro presenta unha obra intensa e conmovedora sobre inmigración, explotación e desigualdade. Non te perdas esta proposta que entrelaza historias de loita e esperanza”.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.

É unha obra para público adulto e o prezo da entrada é de 5 euros.

22/03/2025

Este domingo, día 23 de marzo, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval representarase a obra O dragón de ouro, dunha das máis prestixiosas compañías teatrais galegas, Sarabela Teatro.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.

 

21/03/2025

O grupo teatral O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa no Local Social de Bravos (Ourol) este domingo, día 23 de marzo, ás 18:30 horas.

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol) explica: “esta nova obra de O Centiño fainos reflexionar sobre os defectos humanos que nos afastan da felicidade. Cunha boa dose de humor e mensaxe, seguimos explorando o teatro que nos fai rir... e pensar. Dende 2015 este grupo de San Martiño leva enchendo os escenarios con comedia e reflexión. Agora presentan unha historia sobre humildade, bondade e o que realmente importa. Humor, teatro e mensaxe! Entrada con Taquilla inversa”.

19/03/2025

Xove acolle un contacontos teatralizado, a cargo de Trémola Teatro e titulado Daniel e Daniela, para nenas e nenos de máis de 3 anos este xoves, día 20 de marzo. Será ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Esta actividade está organizada pola Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove.

Etiquetas:
17/03/2025

A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 22, ás 18 horas “Moby Dick”, un espectáculo máxico para toda a familia inspirado no clásico de Herman Melville. 

Trátase dunha historia chea de emoción, imaxinación e aventuras, ideal para gozar en familia. 

O prezo da entrada será de 3 euros. 

Etiquetas:
13/03/2025

O Concello de Foz e o Centro Dramático Galego únense para ofrecer a posibilidade de acudir o domingo 23 de marzo ao Salón Teatro, de Santiago, para ver de forma gratuíta a obra de teatro A burra, a mesa e o pau, que esta compañía (CDG) está estreando.

O Centro Dramático Galego pon a disposición 27 prazas nun autobús que sairá ás 14.45 horas do porto de Foz para ver ás 18.00 horas a función. O autobús sairá de novo ás 20.00 horas de volta a Foz. O Concello de Foz financiará o prezo da entrada dos asistentes (5 euros). “Estamos moi contentos de poder participar nesta actividade e ver unha nova creación do Centro Dramático Galego”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

As reservas poderanse facer ata o día 20 de marzo no teléfono 982.140.027 extensión 3, no mail...

leer más
Etiquetas:
12/03/2025

Dentro da programación do 8M en Ribadeo, o Concello organiza unha saída especial para asistir ao espectáculo A burra, a mesa e o pau, do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. Será o domingo 23 de marzo e o autobús sairá de Ribadeo ás 14:00 horas. Hai 18 prazas e para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo e o prazo remata o día 20 de marzo.

O Concello de Ribadeo explica que “a viaxe está especialmente dirixida a mulleres, como parte das iniciativas do 8M para promover a participación cultural e a igualdade”.

Etiquetas:
11/03/2025

A función dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A duración deste musical será de 60 minutos. Está dirixido a público infantil con idades 

Sipnose: En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

O prezo das entradas será de 2 euros. Xa se poden mercar ata o xoves en horario de 9 a 14 horas...

leer más