A asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza as Festas do Santiago, que se celebrarán, os días 25, 25 e 28 de xullo.
As actividades comezarán este mércores, día 24, cunha verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo dúo Sensación e Batucada A Choca.
O xoves 25 haberá misa solemne ás 13 horas e música con Os Carricantos. Despois, a partir das 13.30 horas, terá lugar a sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K.
E o domingo 28 desde as 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo de Eventec.