O Concello de Ourol organiza unha nova edición da Ruta Indiana os días 3 e 4 de agosto nun bus de época. A inscrición está aberta

O Concello de Ourol organiza a Ruta Indiana 2024, unha oportunidade única para coñecer o patrimonio indiano da localidade a través de visitas guiadas con paradas nos distintos lugares de interese nun bus de época durante os días 3 e 4 de agosto. A saída será desde a Casa do Concello e as prazas son limitadas a 16 persoas por día.

Desde o Concello de Ourol sinalan: “as prazas tramitaranse por rigoroso orde de inscrición. Unha vez finalizado o prazo de inscrición (31 de xullo) enviarase un correo electrónico a todas aquelas persoas que teñan a praza confirmada. As que non reciban o correo de confirmación quedarán nunha lista de reserva que se moverá tamén por rigoroso orde de inscrición. Debido a alta demanda nesta actividade, prégase que en caso de non poder asistir o comuniquen no teléfono 982559019 ou no 608694051 para poder cubrir as baixas coas persoas en reserva”.

Para obter máis información, os interesados e interesadas poden contactar co Concello de Ourol a través do seu número de teléfono (982559019) ou na súa páxina web www.concellodeourol.es.