Festas
As festas patronais de Burela celebraranse desde o día 23 de maio ata o 3 de xuño.
Os organizadores anuncian: “as Patronais de Burela 2025 xa están en marcha! Este ano a Asociación de Hostelería de Burela levará a organización das festas, contando coa colaboración de todas as entidades que veñen participando dende hai anos: ACIA, Arume, Dambara, Ledicia, Encaixeiras, Burela Floral, Coral, Representante de porteadores, ademais do Concello de Burela e a Cofradía de Pescadores. As festas son de todos e todas, así que se algunha entidades ou persoa quere colaborar, pode poñerse en contacto con nós”.
Sanxés, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra ó Santo Anxo esta fin de semana, desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
As actividades comezarán o venres pola noite coa inauguración do campo da festa. Haberá música tradicional e pinchos de balde, pero haberá que abonar a bebida.
O sábado ás 12:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá precesión e vermú co trío Mar de Caión, que tamén actuará na verbena xunto á cantante Verónica Cambón.
E o domingo a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con Dj Bombardero.
Neipín, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a Santa Apolonia os días 7 e 8 de febreiro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres, cando haberá verbena amenizada por Alejandro Martínez. E o sábado ás 13:00h celebrarase a misa e a continuación sesión vermú co dúo Sensación, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Bombardero.
O recinto da festa estará cuberto.
A parroquia de Riobarba, no concello do Vicedo, celebrará as festas de San Paulo os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú co trío Nuevo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo D´Cache Music.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú co dúo Zafiro.
A organización dos festexos anuncia que “haberá pinchos para todos os asistentes”.
A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Vicente os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. A organización anuncia que “haberá mesas e bancos e queimada popular gratuíta. A festa verbena estará amenizada pola orquestra Finisterre.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Lume.
O recinto estará cuberto con carpa e terá calefacción.
A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará as festas de San Sebastián os días 18 e 19 de xaneiro, sábado e domingo. Serán no atrio, onde haberá carpa climatizada.
As actividades comezarán o sábado a partir das 13:30 horas, cando haberá misa, procesión e sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto a Discomóvil Conxuro.
E o domingo a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e macro sesión vermú con Xilo e Carlos.
A localidade de Sampaio, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas de San Paulo os días 24 e 25 de xaneiro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas con churrascada amenizada por DJ Bombardero, na antiga escola de Sampaio.
E o sábado haberá misa ás 13:30 horas e despois terá lugar a sesión vermú, amenizada pola cantante Verónica Cambón, que tamén actuará na verbena, desde as 22:30 horas.
A parroquia de Ambosores, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santa Lucía esta fin de semana: o venres 13 e o sábado 14 de decembro. As actividades serán na antiga escola.
Os actos comezarán o venres ás 20:00 horas con degustación gratuíta de xamón cocido e chourizo. E despois haberá verbena amenizada polo dúo Caramelo e Claudia Zurita.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e a continuación sesión vermú co dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará un xantar popular, no que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 11 de decembro. Tamén haberá baile de tarde noite amenizado polos dúos Caramelo e Maracuyá.
A parroquia de San Román, no concello do Vicedo, celebra as festas do seu patrón esta fin de semana: sábado 23 e domingo 24 de novembro.
O sábado ás 12:00 horas haberá misa cantada e despois procesión seguida de sesión vermú amenizada por Primera Línea, que tamén actuará na verbena.
E o domingo ás 12:00 celebrarase misa cantada e de seguido sesión vermú longa a cargo de Primera Línea.
O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas patronais de San Roque de 2025, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de agosto, en coordinación coa administración municipal.
“Estamos encantados de que un grupo de xente moza colla as rendas destes tres días de festas”, explica a alcaldesa, María Loureiro, quen mantivo unha reunión cos membros da comisión como primeira toma de contacto para traballar no calendario festivo.
Así, as festas patronais coordinaranse cos actividades culturais que o Concello de Viveiro organiza no mes de agosto, como a Feira do Libro ou a Feira de Artesanía, ademais daquelas nas que colabora, como a Mostra Folclórica Internacional ou o desfile de Xigantes e Cabezudos.
Na seguinte reunión, na que participará a concelleira de...
leer más