Libros
“Feminismo en cen palabras” é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa autora, Luca Chao (Lugo, 1988), este sábado, 20 de abril de 2024, ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz.
É un acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, colectivo que explica: “observamos habitualmente que para describir accións e políticas feministas aparecen termos e palabras que se ven distorsionadas e baleiras de contido ao ser mal utilizadas e banalizadas en contextos inapropiados. Xunto a Luca Chao descubriremos o valor da linguaxe, a importancia de nomearnos a través das palabras e de recoñecer o seu correcto significado para a comprensión do feminismo. Animamos a participar no acto para coñecer o libro e á súa autora”.
O xoves, 18 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A Ferida Imaxinaria.
Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura A carón dos libros que promove a libraría. É unha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013.
A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por...
leer másO Concello de Viveiro conmemora o Día do Libro, que se celebra cada ano o día 23 de abril, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?”.
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta un ano máis coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro. “Este concurso serve para visibilizar os diferentes hábitos para ler que temos as persoas lectoras, e, polo tanto, serve para promover a lectura entre a xente de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O concurso ten por obxecto imaxes nas que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e nas que o libro ou o acto de ler sexan os protagonista. Poderán ir acompañadas dunha breve descrición se a persoa...
leer másOs meses de abril e maio a biblioteca do Concello de Foz convida á lectura con múltiples actividades
Os meses de abril e maio veñen cargados de actividades na Casa da Cultura focense. Durante as vindeiras semanas a Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para convidar a grandes e pequenos á lectura e a achegarse aos libros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha...
leer másO vindeiro domingo, 7 de abril, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes poñerá fin á etapa de presentacións da novela A montaña do poeta na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), xa que en maio chegará ás librarías a súa nova obra, desta volta publicada por Edicións Embora, trátase de Nove lúas, gañadora do Premio de Novela Neira Vilas o pasado ano.
A montaña do poeta obtivo o premio de novela Lueiro Rey do Concello do Grove en 2021, e foi publicada por Xerais hai ano e medio.
Despois de ter sido presentada en diversas localidades, o autor alfocés pon fin á tempada de promoción desta obra, colofón que se celebrará nun establecemento emblemático para o mundo da cultura, o espazo turístico Casa da Penela, lugar onde o autor se inspirara para escribir a súa primeira novela, A raíña das velutinas.
... leer másO vindeiro sábado, 30 de marzo, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulada “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.
A presentación terá lugar no Real Seminario Conciliar Santa Catalina ás 19:30 horas e contará co editor da obra e director da editorial, Jesús Blázquez, co Alcalde de Mondoñedo e co Cóengo da Catedral de Mondoñedo.
No eido literario cunqueiriano, Ediciones 98, está a traducir obras de Álvaro Cunqueiro ao castelán, achegando así a súa obra a un amplo e diverso público.
Encadrada nesta liña de traballo, sae á luz esta obra inédita de Cunqueiro, que Ediciones 98 titula “La Taberna de Galiana”.
A obra está editada, traducida y con epílogo de Jesús Blázquez González, que será o...
leer másO venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila “coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A ferida imaxinaria”, explican desde a organización.
Esta actividade encádrase dentro da programación do Club de Lectura A carón dos libros, que promove a libraría focense. Trátase dunha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda, polo que acadou o premio nacional da crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven...
O traballo de dous canteiros de Ourol ponse en valor nun libro grazas ao apoio da Deputación de Lugo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga, máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas, desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira...
leer másA artista arxentina Ticiana Ghiglione Darriba presentará en Ribadeo o seu libro titulado “Non apartes a mirada do espello”. Será este venres, 15 de marzo, ás 20:15 horas na Casa do Viejo Pancho. O acto será conducido polo ribadense Antonio Gregorio Montes.
Ticiana Ghiglione Darriba naceu en Bos Aires en vive en Galicia desde 1992. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Filla de nai artista e pai artesán, desde moi pequena sentiuse atraída polo arte, participando en numerosas actividades relacionadas con la creación. Neta de galegos por parte de nai, vive en Galicia desde os 10 anos de idade.
“Non apartes a mirada do espello” é un libro que recolle dez relatos ilustrados, escritos en galego e castelán.
A Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos anuncia que este domingo, 3 de marzo, Eli Ríos -acompañada polas escritoras María Álvarez Landesa e Eva Teixeiro- presentará a publicación 'Alma de violino' , un álbum ilustrado sobre Luísa Villalta, autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Ademais as voces do colectivo Comadres das Letras darán a coñecer o libro titulado 'Contármonos'.
As dúas presentacións serán no Café Bar Cultural A Sacabeira a partir das 17:30 horas, coa colaboración de Librería Bahía.