Caderno
O caderno titulado "Da vila do Castro D'Ouro ao Concello de Alfoz: oitocentos anos na historia" será presentado en Alfoz o día 31 de outubro, xoves. O acto será no Castelo de Castro de Ouro ás 19:00 horas.
Da edición desta publicación encargáronse Carlos Baliñas Pérez e Carlos Andrés González Paz.
O acto terá lugar ás 20 horas na Casa da Cultura do Valadouro o vindeiro sábado, día 27.
Trátase da presentación do Caderno 14 do Seminario de Estudos do Valadouro: A casa grande, de Isaac Ferreira.
Organiza o Seminario de Estudos do Valadouro co que colabora o Concello de Alfoz.
O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.
Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro. Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.
O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural,...
leer másO Seminario de Estudos do Valadouro vai presentar o seu Caderno Número 9. Trátase dun estudo sobre a figura do Mariscal Pardo de Cela, baseado no seu testamento, que fixo Antón Xosé Meilán García. A obra titúlase: "Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)".
O Caderno será presentado o vindeiro mércores, día 7 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo do Castrodouro de Alfoz, coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Responsable da Área de Sociedade do SEVA, e de Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA.
Trátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.
O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.
A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.