cemiterios
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que “até o día 23 de novembro aínda se pode ver a exposición Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego. Memoria viva. Lingua viva. Aproveitade esta prórroga da exposición se non puidestes pasar aínda pola Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de apertura de ditas instalacións. Paga a pena”.
O vindeiro sábado, 19 de outubro, terá lugar a inauguración da exposición “Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego. Memoria viva, lingua viva”. Será ás 12 do mediodía na Oficina de Turismo onde esta mostra poderá visitarse ata o 3 de novembro.
Está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Ribadeo.
O libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”, escrito por Anxo Vázquez Pernas, será presentado polo propio autor nun acto que se celebrará este sábado, 10 de agosto, ás 20:00 horas no Multitusos deste concello, con entrada libre.
O Concello de Ourol anuncia que “este libro fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Ourol e Miñotos, onde os traballos dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga (coñecido como Pena de Miñotos) destacan pola súa beleza e os traballos de cantaría. O libro estará a disposición de todos os veciños/as de Ourol a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais”.