Estranxeiros
O programa de atención a inmigrantes da concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela impartirá unha nova acción formativa para axudar a alcanzar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras.
Desde o Concello informan dun curso de formación dixital cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente ao coñecemento e uso das novas tecnoloxías e á aproximación e familiarización con trámites necesarios na actualidade á hora de dirixirse a distintas institucións ou entidades. Ao longo da formación poderán adquirir as ferramentas necesarias para abordar determinadas situacións nun momento no que a meirande parte das xestións fanse de modo dixital.
A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Ben, explicou que este tipo de accións son “moi importantes para aprender a...
leer más