Biblioteca
O libro titulado O gran triángulo, escrito polo ribadense Francisco Díaz-Fierros Viqueira, será presentado en Ribadeo este xoves, día 21 de novembro. Será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 20:30 horas. No acto falarán o profesor ribadense Suso Fernández Acevedo e o autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.
Esta presentación está organiza pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e seu presidente, Farruca Graña, anuncia: “este xoves, 21 de novembro, imos ter a presentación do libro O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos. Pero a...
leer másA biblioteca municipal Os Fornos, da Pontenova, pon en marcha un club de lectura para persoas adultas este xoves, día 31 de outubro.
Esta actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura da Pontenova, comezará ás 20:00 horas.
O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal os días 19 e 26 de outubro
O Concello de Alfoz anuncia que “con motivo de que o próximo 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas, a Área de Cultura fixo unha programación especial na Biblioteca Pública Municipal para os máis pequenos”. Estas actividades serán os sábados 19 e 26 de outubro.
O día 19 ás 12:00 horas desenvolverase “un obradoiro creativo titulado A biblioteca ideal, no que os máis pequenos crearán o seu propio libro, para así, entre todos, formar a biblioteca desexada. Estará dirixido por Os Náufragos Teatro”.
E o sábado 26 de 17:00 a 20:00 horas haberá “Xogos na biblioteca, con distintas actividades para pasar unha tarde do máis entretida”.
Para participar nestas actividades non é necesaria inscrición, pero para máis información as persoas interesadas poden preguntar na Biblioteca Municipal de...
leer másA Biblioteca Municipal de Viveiro acolle a exposición ‘Date Conta’ para concienciar, sobre todo á poboación máis nova, sobre as actitudes relacionadas coa violencia machista, fundamentalmente no ámbito da parella.
Na inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo dar as grazas “a Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, por traer esta mostra a Viveiro”.
Ademais da alcaldesa e a subdelegada do Goberno, estiveron no acto a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, representantes doutros grupos municipais e María Luisa Castro, xefa da Unidade contra a Violencia da Muller da Subdelegación do Goberno de Lugo.
“As estatísticas reflicten un perigoso incremento das condutas machistas entre as persoas más novas, que moitas veces rematan en...
leer másCarmen Sánchez-Risco presenta en Ribadeo su libro “La primera mestiza” este sábado, 21 de septiembre
La escritora Carmen Sánchez-Risco presentará en Ribadeo su libro titulado “La primera mestiza” este sábado, día 21 de septiembre, a las 20:00 horas en la Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está en la calle Antonio Otero, número 19.
Además de la autora en el acto intervendrán la concejala de Cultura ribadense, Begoña Sanjurjo Santar, y José Manuel Romero Moreno.
Este venres, día 6 de setembro de 2024, ás 19:15 horas na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro (Praza Maior, s/n), terá lugar a inauguración da mostra titulada “Heroínas de tódolos días”, unha serie de pinturas de Camino Casabella, acompañadas de textos, escritos tamén pola artista, organizada en colaboración co Concello de Viveiro. Poderase visitarse os días 6, 7, 13 e 14 de setembro.
En palabras de Camino Casabella: “esta é a miña homenaxe a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día. Decidín poñelas en primeiro plano, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro. A lista destas mulleres é diversa e infinita. Xente guapa coma Sinéad O'Connor, Carola Rackete, Rosa Parks, Fernanda Arrojo ou Vero Boquete, entre moitas outras. A súa resistencia fronte a actitudes...
leer másAgosto é o mes no que a biblioteca municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura. Durante os 18 primeiros días, o local estará aberto de luns a venres de 9 a 14:30 horas. Por outra banda, do 19 ao 30 (ambos incluídos) a biblioteca permanecerá pechada por descanso do persoal.
Cómpre lembrar que se poden devolver os libros no buzón que se encontra no exterior da Casa da Cultura.
O mércores día 12 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, vaise presentar o libro do xornalista Ramón Mariño Fernández titulado "Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega", da editorial Laiovento.
Presentará ao autor Xermán Viluba e participará tamén no acto o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.
Os meses de abril e maio a biblioteca do Concello de Foz convida á lectura con múltiples actividades
Os meses de abril e maio veñen cargados de actividades na Casa da Cultura focense. Durante as vindeiras semanas a Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para convidar a grandes e pequenos á lectura e a achegarse aos libros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha...
leer másRibadeo ven de poñer en marcha un novo servizo para a súa veciñanza: a biblioteca rural de Cinxe. O acto de inauguración, na antiga escola desta parroquia, contou coa presenza da concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade, Begoña Sanjurjo.
Esta nova biblioteca conta cun fondo de 1000 libros reunidos grazas a doazóns veciñais e á adquisición de novos exemplares realizada polo Concello de Ribadeo. Novelas, relatos, libros de poesía, teatro, autoaxuda, cómic, literatura infantil, xuvenil, adolescente, primeiros lectores, historia, política e libros en inglés, que se reparten nos andeis que ocupan unha das paredes da escola, que está equipada cun ordenador para facilitar a súa xestión.
No acto de inauguración a edil ribadense manifestou que “o obxectivo principal deste proxecto é facilitar aos veciños e...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »