Libros

Etiquetas:
03/08/2024

Agosto é o mes no que a biblioteca municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura. Durante os 18 primeiros días, o local estará aberto de luns a venres de 9 a 14:30 horas.  Por outra banda, do 19 ao 30 (ambos incluídos) a biblioteca permanecerá pechada por descanso do persoal.

Cómpre lembrar que se poden devolver os libros no buzón que se encontra no exterior da Casa da Cultura.

 

03/08/2024

O libro titulado “Rural e tradición, un fogar en igualdade” será presentado en Viveiro o 8 de agosto, xoves. O acto será ás 19:30 horas no Conservatorio de Música.

Está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que explica: “Rural e tradición, un fogar en igualdade é un libro coordinado por Sergio Marey (Pol, 1997), que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e no rural galego. Sergio provén de Pol, un concello da montaña lucense, o que, segundo refire, lle deu un continuo e invaluabel contacto co rural galego, cercanía que guía a súa relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. Na obra participan personalidades como Mercedes Peón, Atenea García, Gabi Reboredo ou Pedro García Louzao, veciño de Xove e membro desta asociación. Acompáñanos nesta presentación o xoves día 8 de agosto ás 19.30...

leer más
Etiquetas:
01/08/2024

Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".

A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal. 

A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.

25/07/2024

O acto terá lugar ás 20 horas na Casa da Cultura do Valadouro o vindeiro sábado, día 27. 

Trátase da presentación do Caderno 14 do Seminario de Estudos do Valadouro: A casa grande, de Isaac Ferreira. 

Organiza o Seminario de Estudos do Valadouro co que colabora o Concello de Alfoz. 

Etiquetas:
21/07/2024

Xa está nas librarías Nove lúas, a novela de Lionel Rexes distinguida co Premio Neira Vilas o pasado ano. Publicada por Edicións Embora, esta obra supón a terceira novela do escritor alfocés tras A raíña das velutinas e A montaña do poeta, ambas lanzadas por Xerais en 2017 e 2022 respectivamente.

O xurado do certame literario destacou, á hora de escoller este texto “a fondura psicolóxica no tratamento dos personaxes e a súa fascinante maneira de enfrontar os desafíos dunha realidade desacougante”. 

Nove lúas podería encadrarse no xénero do thriller, xa que unha infinidade de misterios van tecendo a narración até desembocar nun labirinto de dilemas morais, inesperados xiros da trama e conflitos éticos.  

Impregna o argumento un factor constante que se podería denominar xogo de sombras,...

leer más
Etiquetas:
16/07/2024

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un faladoiro co escritor Miqui Otero este mércores, día 17 de xullo, ás 19:30 horas.

É unha actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz, que vén de ler recentemente o seu último libro, titulado Orquesta, “unha novela rural clásica, ambientada nunha verbena que ben podería ser calquera das do noso concello”, explica o Concello de Alfoz, que engade: “se aínda non o liches está dispoñible na nosa biblioteca, non perdades a oportunidade de coñecer ao seu autor e de falar con el sobre a súa visión acerca desta nova novela”.

 

Etiquetas:
10/07/2024

Xa está na rúa o oitavo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe, mércores, estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.

Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao apoio por parte dos anunciantes e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado hai novas incorporacións: a xornalista Sara Jaureguizar e a politóloga e historiadora Aida Álvarez. Pero tamén participan cos seus escritos de novo neste número colaboradores habituais deste xornal como Carlos Álvarez Lebredo,  Pablo Rodríguez (Vivín) e María José Fernández Azpeitia.

Ademais nesta publiación recóllense...

leer más
30/06/2024

Librería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez. Será o día 3 de xullo, mércores, ás 20:30 horas.  

“O azul entre o ceo e a auga” é unha novela da autora palestina Suzan Abulhawa, traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro, quen ademais dirixe a colección Candemaia, galardonada co premio Follas Novas á iniciativa bibliográfica.

Librería Bahía anuncia que o próximo mércores, 3 de xullo, “teremos un encontro con Rocío para falarmos da novela e a súa tradución e de Candemaia. Non faltedes!”.

19/06/2024

Pablo Rodríguez (Vivin) presentará su libro titulado “El Viejo Pancho, de Ribadeo a El Tala pasando por Navia” este viernes, 21 de junio, a las 20:00 horas en el Teatro ribadense.

La organización del evento anuncia que el acto será presentado por el periodista y especialista en temas migratorios Martín Fernández Vizoso , que es uno de los colaboradores de la publicación. Y también intervendrán Ramiro Rodríguez Bausero (Cónsul General de la República Oriental del Uruguay), Pablo Rodríguez Fernández, Vivin (autor de libro), Valentín de Torres Solanot del Pino (responsable de la empresa E2 IN2), Antonio Andina Penabad (de Eoditorial), Eduardo Gutiérrez Fernández (cronista oficial de Ribadeo), Marcelino Fernández Santiago (del Consello da Cultura), Daniel García Fernández (de la Deputación de Lugo), Ana Isabel Fernández García (alcaldesa de...

leer más
Etiquetas:
12/06/2024

O filólogo e escritor ribadense Carlos Álvarez Lebredo presentará o seu libro titulado “Historias con pentagramas. Relatos musicais e ribadenses” no Teatro de Ribadeo. Será este domingo, 16 de xuño, ás 12:30 horas.

Ademais do autor da publicación, no acto participarán o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega Pérez, e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lourenzo Suárez.