Libros
A escritora e xornalista Natalia Alonso Ramos (Foz,1983) presentará o vindeiro venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Libraría Bahía de Foz o seu segundo libro ‘Advertencias para un traxecto boreal’ co que obtivo o premio de poesía Filomena Dato en 2022 e que acaba de publicar baixo o selo editorial ‘Apiario’. A autora estará acompañada pola editora e escritora Dores Tembrás.
Natalia Alonso Ramos resultou gañadora da terceira edición deste certame que outorga o Concello de Bergondo co poemario ‘Advertencias para un traxecto boreal’. O xurado valorou do texto “o traballo coa linguaxe, a pericia no uso dos adxectivos, a promesa desde o primeiro poema e a ofrenda de imaxes de grande potencia poética e cheas de contido, a tenrura e a perspicacia”. O xurado estivo composto por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Elvira Ribeiro Tobío,...
leer másEste xoves, día 18 de xaneiro, ás 20:30 horas estará en Libraría Bahía, de Foz, o escritor Pedro Feijoo para falar da súa última novela titulada “Ninguén contará a verdade”, editada por Xerais.
Desde Libraría Bahía explican: “podemos afirmar que Pedro Feijoo é na actualidade o máis popular dos autores de novela negra en Galicia. Con esta a súa última novela gañou o ano que vén de rematar o premio Xerais de novela. A historia presenta unha trama de corrupción en Galicia na que están implicados todos os poderes: o mundo da empresa, a banca, a información, a política… Unha historia de ficción nuns contextos que podemos recoñecer facilmente e que desnuda as tramas do poder”.
El próximo viernes, 12 de enero, tendrá lugar la presentación del libro Universo Aurora, de Manuel Rivero. Será a las 19 horas en O Canteiro, en Benquerencia.
En el acto acompañarán al autor el secretario xeral de Política Lingüísta de la Xunta, Valentín García, el delegado territorial de la Xunta en Lugo, Javier Arias, así como dos de las nueve mujeres que hablan de la figura de la destacada investigadora y científica barreirense Aurora Sampedro en Universo Aurora.
Los 300 libros de la primera edición están casi agotados, de ahí que ya esté en el horno la segunda edición, que podría incluir como novedad dos nuevos capítulos sobre la figura de esta mujer. Estará en las librerías a partir de la próxima semana y en internet ya se puede adquirir en www.eoditorial.com, que es...
leer másDesde o Concello explican que “nos vindeiros días teremos a disposición de toda a veciñanza o calendario deste 2024, que un ano máis edita o Concello de Barreiros”.
E sinalan: “como xa sabedes, a temática estaba centrada en fotos antigas das escolas de Barreiros e das vivencias escolares que, aínda que as lembremos, ás veces quedan no esquecemento”.
Proximamente, empregados/as municipais comezarán a repartir polas casas os almanaques pero, se algunha persoa o quere antes, pode pasarse a recollelo polas oficinas municipais.
Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos guste tanto coma a nós e que vos traia fermosas lembranzas”.
Trátase de "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" escrito polo historiador Prudencio Viveiro Mogo.
A presentación será o 12 de xaneiro ás 20 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
Ofrece unha panorámica xeral da emigración do Valadouro e de Alfoz en Cuba, que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadourenses na Habana.
O Caderno nº 13 xa foi presentado o pasado 29 de decembro no Valadouro.
Colabora a Concellerías de Cultura do Valadouro e de Alfoz.
Eduardo de Martís presenta o seu primeiro libro fotográfico “Galicia Latente” o vindeiro venres, 29 de decembro, ás 20:00 horas no Conservatorio de Música de Viveiro.
O acto está organizado por África Copias coa colaboración especial de Prato-Do.
Alí, o autor estará acompañado de persoas que son motores da cultura local: David Bellas (gaiteiro e profesor do Conservatorio de Viveiro); Mari Carmen Chipe (Presidenta da Asociación Cultural Bágoas da Terra); Bernardo Penabade (profesor e promotor de Proxectoneo); e Capitán Pino (Capitán de pesca).
“Galicia Latente” recolle máis de 233 fotografías introducidas por un texto do antropólogo Rafael Quintía e un pequeno prólogo do propio autor. Para construír este retrato da Galiza actual e de vangarda, Eduardo de Martís percorreu máis de 140 puntos...
leer másOubiña ha elegido Ribadeo para dicha presentación, a nivel nacional, por las vinculaciones de la comarca astur-galaica en su pasado como contrabandista.
El acto tendrá lugar el próximo jueves, 14 de diciembre, a las 12 de la mañana en Isla Pancha.
Además en la tarde del jueves de 18:00 a 20:30 horas y el viernes, 15 de diciembre, de 11 a 14 horas y de 18 a 20:30 horas estará firmando ejemplares del libro en Librería Vivín, en la Avenida Rosalía de Castro.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega case 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira ata a explosión iconográfica dos...
leer másEste mércores, 22 de novembro, terá lugar no salón de actos do Concello de Viveiro ás 19:30, a III edición do Club de Lectura en Feminino, dinamizado por Estíbaliz Veiga.
Esta reunión contará coa presenza da autora Leticia Costas, co seu libro "Golpes de Luz", sendo parte da programación municipal con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero
Aínda que esta xuntanza será presencial, o club leva desenvolvéndose en liña dende o pasado día 26 outubro, co apoio dos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero 2023. Estará en funcionamento ata o vindeiro 30 de maio de 2024
Na Casa do Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro "Literatura galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro", de Xoán Babarro Fernández, Suso Fernández Acevedo e Rita Bugallo González. O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, será este venres, 17 de novembro, ás 20:30 horas.
A organización anuncia que participarán na presentación Xoán Babarro, Suso Acevedo e Henrique Costas (profesor da Universidade de Vigo, que edita este novo volume). Este último tamén falará brevemente da súa primeira novela, titulada "Ao sur da liberdade".