O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un faladoiro co escritor Miqui Otero este mércores, día 17 de xullo, ás 19:30 horas.
É unha actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz, que vén de ler recentemente o seu último libro, titulado Orquesta, “unha novela rural clásica, ambientada nunha verbena que ben podería ser calquera das do noso concello”, explica o Concello de Alfoz, que engade: “se aínda non o liches está dispoñible na nosa biblioteca, non perdades a oportunidade de coñecer ao seu autor e de falar con el sobre a súa visión acerca desta nova novela”.