Ciberseguridade

09/11/2024

Riotorto acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 13 de novembro, mércores. Será de 16:00 a 18:00 horas na Aula Cemit, que está no Centro Sociocultural.

“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital! Apúntate a través da túa aula CeMIT! Reserva a túa praza no teléfono 646.21.82.96 (Vanesa)....

leer más
22/04/2024

A aula Cemit do Vicedo acollerá unha sesión formativa práctica gratuíta titulada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”. Será o luns 29 de abril de 18:00  a 20:00 horas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse na propia aula CeMIT, a través do teléfono 982.590.195 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.

22/10/2023

O Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves, 26 de outubro, unha xornada demostrativa de ciberseguridade industrial, organizada pola Oficina Acelera Pyme ASIME Provincia de Lugo en colaboración coa consultora tecnolóxica Inycom. 

A xornada terá lugar no Coworking Viveiro, de 15:30 a 17:30. Nela ensinarase como actuar ante ciberataques e o emprego de diferentes ferramentas de ciberseguridade para protexer toda a xestión da empresa, determinando os seus posibles puntos débiles. Os asistentes aprenderán a protexer os equipos, evitar secuestros de datos e mellorar os sistemas antivirus, entre outras cousas. 

Será totalmente gratuíta e terá un enfoque práctico, facendo uso dun simulador para amosar posibles vulnerabilidades e as súas correccións. Ademais, o evento adaptarase aos participantes e ás súas necesidades,...

leer más