Contos
O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.
As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.
Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.
Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".
A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal.
A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Sábado de Contos e outras Leiras para o 18 de novembro a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
O promotor desta actividade e do Teatro das Cortes, o actor Xosé Penabade, anuncia: “a todo porco lle chega o seu San Martiño. O vindeiro sábado 18 tócalle ao porco dos Andrade. Faremos a "II Ofrenda teatreira ao cocho dos Andrade". E despois Paula Carballeira quedou en contar algún conto de chourizos, de porcos, non sei?”.
O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.
Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.
O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense.
Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, "poñer en valor un sitio tan emblemático e tan bonito como é o parque Pernas Peón", onde terán lugar os contacontos. En caso de choiva, serán na Sala Multiusos do Concello.
A Ruada de Contos desenvolverase ao longo de tres xornadas, sempre no parque Pernas Peón. A primeira será o xoves 20 de xullo ás 19:30, na que Inventi Teatro representará 'As palabras perdidas'.
A segunda xornada será á semana seguinte, o xoves 27 de xullo, tamén ás 19:30. Será a quenda de 'RillaRilla', a cargo de Xarope Tulú. Finalmente, a Ruada de Contos rematará o xoves 10 de agosto ás 19:...
leer másMiña casa, meu lar é o título dos contacontos de medio ambiente que contará Caxoto o domingo 22 de maio ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate farase a entrega dos premios do concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.
Caxoto é un experto en xestión de residuos: un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.
Este espectáculo está subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente".
Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.
O Concello de Viveiro presenta unha nova iniciativa cultural durante o mes de outubro. “Ruada de contos” é un conxunto de espectáculos dirixidos á infancia, á mocidade e ao público familiar, cos que o goberno local busca fomentar o emprego da lingua galega.
Este programa realízase grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro, co obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega en todos os ámbitos. O goberno local, dirixido por María Loureiro, busca con este programa que a mocidade deixe atrás vellos prexuízos e inercias negativas sobre a lingua galega; así como fomentar a creatividade e o ocio no idioma galego garantindo unha ampla oferta cultural en galego.
A programación comezará o próximo xoves 7 de outubro ás 18:00, con “Vacacións no Mar de Tom Arena”. Ese mesmo venres 8, ás 18:00,...
leer másO Concello de Viveiro, a través de concellería de Cultura, organiza para os últimos tres sábados de setembro (días 11, 18 e 25) unha nova edición de “Sábados de contos”, que conta co financiamento do programa Ler Conta Moito 2021 para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A edil de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo invitar a todos os pequenos e pequenas do concello a participar nesta actividade co obxectivo de “favorecer a lectura desde a infancia para que se enchan de sabedoría e de cultura”.
A responsable local insistiu no compromiso do goberno local de fomentar que as nenas e nenos viveirenses poidan “somerxerse nestas aventuras que nos proporcionan os libros e que nos fan medrar cun espírito crítico e con máis liberdade”. ...
leer másEste xoves, 26 de agosto, en Cervo na praza do Souto haberá un espectáculo para disfrutar en familia. Trátase de “Flipa cos contos”, a partir das 22:00 horas.
Para asistir é preciso anotarse media hora antes na mesma ubicación.