Libro

Etiquetas:
04/09/2024

Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove). 

A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”. 

A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024. 

30/08/2024

O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. 

Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón. 

A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
21/08/2024

A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho. 

Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.

Etiquetas:
17/08/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira do Libro de Foz, que se celebra do 16 ao 19 de agosto na Praza Conde Fontao.

O deputado de Mocidade Daniel García participou na inauguración da cita cultural, que convidou “a visitar o posto do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo na feira e aproveitar a feira para mercar nos postos de venda das librarías. “Estas feiras danlle á lectura  unha visibilidade e unha dimensión colectiva que resulta moi propicia para crear e fidelizar lectoras e lectores. Ademais, supoñen unha oportunidade para coñecer novidades editoriais e  impulsar as vendas das librarías, que son fundamentais para soster unha rede cultural forte nos nosos concellos, no noso país”, destacou durante o acto de inauguracion,que tivo como pregoeiro a Lois Pérez.

... leer más
Etiquetas:
08/08/2024

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase nos Xardíns de Noriega Varela do luns 12 ao xoves 15 de agosto. Abrirá de 12 a 14 e de 18 a 22 horas, agás o xoves 15, que o peche será ás 14.30 horas.

A Federación Librarías de Galicia anuncia que na Feira do Libro de Viveiro estarán “Libraría Porta da Vila, Libraría Cartabón, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Libraría Lume, Libraría Uróboros, Editorial Canela - Libros Lar, Libraría Aenea, A Gata Tola, A Libraría de Rosa - Nobel Boiro, Central Librera Real, Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Servizo de Publicacións Deputación De Lugo”.

03/05/2024

O día 10 de maio, venres, ás 19:30 horas presentarase no xardín da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro o libro de Alfonso Armada titulado “Cuaderno de viaje al País Natal”.

O Concello de Mondoñedo explica que “é un libro froito dunha proposta do seu primeiro xornal, Faro de Vigo, que levou de volta, ao autor, ao seu país natal e á súa infancia, pasando por Mondoñedo, polo Mondoñedo de Cunqueiro. Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal. A presentación contará con presenza institucional por parte do Concello de Mondoñedo”.

Etiquetas:
25/04/2024

O libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.

No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.

Etiquetas:
22/04/2024

A Concellería de Dinamización de Barreiros organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día internacional do Libro.

Este martes, 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural.

Con motivo do Día internacional do Libro, este mesmo martes o Concello de Barreiros instalará na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, unha caseta coa que se creará a primeira biblioteca libre de Barreiros, que conterá máis de 50 libros en libre circulación.  Ao longo da mañá, o alumnado do CEIP San Miguel de Reinante, visitará a Praza do Souto e coñecerá esta forma de intercambio de libros coñecida popularmente como bookcrossing.

O venres...

leer más
Etiquetas:
18/04/2024

O Concello de Burela celebra o Día do Libro cun rastrillo de libros na praza da Mariña. Terá lugar o propio día 23 de abril, martes, de 17:00 a 19:30 horas. Nel poderase intercambiar, mercar e vender libros para darlles unha segunda vida.

Todas as persoas, tendas e asociacións que queiran poñer un posto neste mercado poden apuntarse a través do correo electrónico cultura@burela.org.

Etiquetas:
16/04/2024

“Feminismo en cen palabras” é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa autora, Luca Chao (Lugo, 1988), este sábado, 20 de abril de 2024, ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz. 

É un acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, colectivo que explica: “observamos habitualmente que para describir accións e políticas feministas aparecen termos e palabras que se ven distorsionadas e baleiras de contido ao ser mal utilizadas e banalizadas en contextos inapropiados. Xunto a Luca Chao descubriremos o valor da linguaxe, a importancia de nomearnos a través das palabras e de recoñecer o seu correcto significado para a comprensión do feminismo. Animamos a participar no acto para coñecer o libro e á súa autora”.