Horario
Agosto é o mes no que a biblioteca municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura. Durante os 18 primeiros días, o local estará aberto de luns a venres de 9 a 14:30 horas. Por outra banda, do 19 ao 30 (ambos incluídos) a biblioteca permanecerá pechada por descanso do persoal.
Cómpre lembrar que se poden devolver os libros no buzón que se encontra no exterior da Casa da Cultura.
Desde este pasado luns, 4 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros modificou o seu horario de apertura ofertando 50 horas semanais, 15 máis que no horario de tempada anterior. Agora está aberta os luns de 10:00 a 15:00 horas e de martes a venres de 10:00 a 19:00 horas.
O Concello de Barreiros explica que “con este novo horario continuo búscase que as persoas usuarias teñan máis flexibilidade á hora de utilizar os servizos que oferta a instalación”.
O Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal, que desde hoxe estará en funcionamento de 11:00 a 21:00 horas.
Haberá cursos de natación para os nenos e nenas que participen no campamento de verán e tamén para os adultos, en horario de 19.30 a 20.30 horas de luns a venres.
Un ano máis, as dificultades para atopar socorristas pola normativa da Xunta de Galicia e a demora na comunicación da resolución de concesión da subvención retrasou uns días a apertura.
“A principios do mes de marzo solicitamos a concesión da subvención para a contratación do socorrista, pero non obtivemos a notificación da concesión por parte da Xunta ata o 14 de xuño, que incluía un prazo de contratación que remataba o 14 de xullo”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.
... leer másDesde o pasado 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas.
Desde o Concello sinala: “lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comeza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!”.
Desde hoxe, 2 de setembro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde se ubica a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro.
No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val.
O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.
A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, amplía o seu horario, desde o vindeiro luns, día 13 de decembro.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, explica que “a biblioteca manterá abertas as súas portas en horario de mañás de luns a venres de 8.30 a 14.20 horas e en horario de tardes de luns a xoves de 15 a 20 horas. Isto resulta posible grazas a que o Concello vén de cubrir unha baixa no persoal adscrito á biblioteca a través da bolsa de emprego. O servizo de biblioteca en horario de tardes é moi demandado, tanto por aqueles que non poden acudir ao servizo de préstamo polas mañás -entre os que están todas as nenas e nenos, en xornada lectiva- como polos estudantes de oposicións ou carreiras universitarias. Estamos traballando para continuar mellorando o servizo, pero polo momento as tardes dos...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que agora os interesados poden dispoñer dos recursos da Biblioteca Pública de Alfoz de luns a venres en horario de tarde, desde as 15:00 ata as 20:00 horas.
Ademais recordan que “ademais de libros, revistas, xornais, contamos con lectores de libros electrónicos, películas, lecturas obrigatorias nos centros de ensino para os estudantes de Alfoz, etcétera. Non te perdas o blogue da Biblioteca na web municipal e moitas máis cousas”.
A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa.
Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.
Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.