Banda de Ribaedeo

06/11/2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará cinco pezas no concerto de San Cilla que ofrecerá o día 16 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “no mes de novembro é a nosa patroa, Santa Cilla, e como sempre a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía celebralo doutra maneira que cun concerto. Este ano vai ser o sábado 16 de novembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval e de todas as pezas que imos interpretar só unha delas xa foi tocada pola Banda; o resto das partituras van estar por primeira vez nos nosos atrís”.

David Ballester engadiu que “tamén é un motivo de alegría que neste concerto  haberá algunha incorporación de músicos”.