Libros
A biblioteca municipal Os Fornos, da Pontenova, pon en marcha un club de lectura para persoas adultas este xoves, día 31 de outubro.
Esta actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura da Pontenova, comezará ás 20:00 horas.
O Concello de Burela celebrará o Día das Bibliotecas cun taller de creación de marcapáxinasna Casa da Cultura.
Esta actividade está organizada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, e terá lugar este venres, día 25 de outubro, de 17:00 a 19:00.
O Día das Bibliotecas celebrase cada ano o 24 de outubro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
O obradoiro será gratuíto e aberto, e porá o acento na sustentabilidade, empregando materiais cotiáns e reutilizados para crear marcapáxinas personalizados baixo o lema "Por un futuro sostible".
Lina Gómez, Concelleira de Cultura e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, convida á veciñanza a "participar desta actividade para promover a lectura especialmente...
leer másO caderno titulado "Da vila do Castro D'Ouro ao Concello de Alfoz: oitocentos anos na historia" será presentado en Alfoz o día 31 de outubro, xoves. O acto será no Castelo de Castro de Ouro ás 19:00 horas.
Da edición desta publicación encargáronse Carlos Baliñas Pérez e Carlos Andrés González Paz.
O libro titulado “Entre nós e o Eo”, escrito por Beatriz Pin e Antón Cando, será presentado na Casa da Cultura da Pontenova este domingo, día 20 de outubro ás 12:30 horas.
Neste acto actuará a Banda de Música da Pontenova.
O libro titulado “Galicia y la masonería en el siglo XIX” será presentado en Ribadeo este sábado, día 19 de outubro. Será ás 19:00 horas no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense.
Neste acto participarán o editor da publicación, Antonio Andina Penabad, de Eoditorial; o xornalista Martín Fernández Vizoso; o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez Fernandez; a historiadora ribadense Celia Castro; e o autor do libro, Alberto Valín Fernández.
Este xoves, día 17 de outubro, ás 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, presentarase o libro Canastas y medallas, la historia del baloncesto olímpico. No acto participarán os seus autores: Roberto Anidos e Eduardo Fernández.
A libraría Bahía explica que “Roberto Anidos é redactor deportivo especializado en baloncesto desde a súa revista dixital piratasdelbasket.net. A través do seu medio estivo presente en todas as competicións, tanto a nivel nacional como internacional dende o ano 2009. Colabora con distintas radios -Deportes Cope Santiago, Radio Galega e Radio Marca Coruña-, tanto en programas deportivos como na locución de encontros. E Eduardo Fernández foi correspondente en EE.UU. da revista Gigantes del Basket (1987-1996) e colaborador dos diarios AS, El Mundo e El...
leer másO Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal os días 19 e 26 de outubro
O Concello de Alfoz anuncia que “con motivo de que o próximo 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas, a Área de Cultura fixo unha programación especial na Biblioteca Pública Municipal para os máis pequenos”. Estas actividades serán os sábados 19 e 26 de outubro.
O día 19 ás 12:00 horas desenvolverase “un obradoiro creativo titulado A biblioteca ideal, no que os máis pequenos crearán o seu propio libro, para así, entre todos, formar a biblioteca desexada. Estará dirixido por Os Náufragos Teatro”.
E o sábado 26 de 17:00 a 20:00 horas haberá “Xogos na biblioteca, con distintas actividades para pasar unha tarde do máis entretida”.
Para participar nestas actividades non é necesaria inscrición, pero para máis información as persoas interesadas poden preguntar na Biblioteca Municipal de...
leer másO libro titulado "Guía micolóxica básica da provincia de Lugo", escrito por Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echeve Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez, será presentado en Mondoñedo o día 19 de outubro, sábado.
Este acto, que será presentado por José Ramón Reges, terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas.
É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña coa colaboración do colectivo As San Lucas e o Concello de Mondoñedo.
O Concello de Cervo anuncia que este mércores, día 2 de outubro, terá lugar a presentación do libro titulado Noches sin dormir, obra de Willy. Será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
A reseña desta publicación, da editorial Círculo Rojo, é a siguiente: “Willy expone en Noches sin dormir los diferentes puntos importantes de su vida, marcando el ritmo a través de sus poesías y canciones. Una forma diferente de afrontar los avatares de la vida y la crudeza de la realidad: amor y desamor, dolor, frustración,... Vida y muerte se debaten en este grito desesperado a la perduración y a la lucha que no deja indiferente a nadie. Siendo combativo de forma original, refleja la sociedad y el tiempo que le tocó vivir, transportándolo a otra perspectiva. En sus poemas invita a la reflexión vital con una sensibilidad, ligereza, fuerza e...
leer másAmbos autores obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández. Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La Fuerza, novela, de Xaime Martínez.
Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.
Desde Libraría Bahía apuntan que “será moi interesante escoitar e preguntar a estes dos autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias. Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do Goberno de España no que a Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto que celebraremos”.
O Encontro Literario terá lugar ás 20:30 horas...
leer más