Libros
O día 22 de febreiro, sábado, ás 18 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros a historiadora mariñá Alba Díaz Geada compartirá nunha roda con labregos e labregas o seu traballo de investigación, no que recolleu testemuños de historia oral nos que se dá conta de estratexias de sobrevivencia e solidariedade labrega. Anúnciao o Concello de Barreiros, que engade: “o acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria”.
Colaboran nesta actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.
O Concello de Mondoñedo anuncia que o venres 28 de febreiro representantes da Editorial Galaxia recibirán a distinción á entidade como Cunqueiriana de Honra deste 2025. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas e a laudatio da entidade distinguida correrá a cargo de César Cunqueiro. Deste xeito a Editorial Galaxia converterase na novena proposta homenaxeada dende que se instituíu este galardón.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros ou entidades que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense. Neste 2025 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, quixo recoñecer con esta distinción o vencello...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 7 de febreiro, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro titulado Entre nós e o Eo, de Beatriz Pin e Antón Cando.
Neste acto tamén intervirá María Cando, para falar da toponimia da zona.
A escritora Lucía Ferro presentará o seu poemario titulado Laídos Cardíacos cun recital musicado que terá lugar en Barreiros este venres, día 7 de febreiro.
Este acto será no Bar Moderno, de San Cosme de Barreiros, ás 17:00 horas.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, poderemos asistir á presentación da novela Entre a vontade e o destino (segunda parte da súa triloxía Banu Marwán: a estirpe do galego) de Xosé Henrique Costas. Presentará ao autor o noso compañeiro e amigo da ACFL Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)”.
Sobre esta publicación explica que “nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a presentación do libro titulado Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México. O acto será este sábado, día 11 de xaneiro, ás 19:30 horas na biblioteca municipal ribadense El Viejo Pancho. Ademais da autora do libro, intervirán Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista) e Mario López Rico, tradutor e autor do prólogo do libro.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica que “Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e...
leer másA novela “A montaña do poeta”, de Lionel Rexes, será presentada en Burela este sábado, 11 de xaneiro
O centro social Xebra!, de Burela, acollerá este sábado, día 11 de xaneiro, a presentación de ‘A montaña do poeta’ (Xerais), novela do escritor Lionel Rexes. A actividade será de balde e comezará ás 12 horas, cando o autor afincado en Alfoz e o profesor Bernardo Penabade desenvolverán un coloquio sobre a obra.
Sobre este acto Lionel Rexes comentou: “congratúlame ter sido convidado polo Centro Social Xebra, de Burela, a presentar nas súas instalacións A montaña do poeta, unha novela anterior á que ando promocionando estes tempos, mais o motivo é claro. No argumento de A montaña do poeta os centros sociais autoxestionados, e por extensión o tecido social máis contestatario, forman parte fundamental da trama. Teño asistido a algunhas actividades literarias artelladas no Xebra, mais nunca fora convocado como autor e confeso...
leer másA Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá a presentación do libro titulado Hilando Cicatrices, de Teresa Ventura. Será este venres, día 27 de decembro, ás 20:00 horas.
O acto será presentado polo cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez.
La Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela aprovechó el acto del pasado martes en la Casa de Galicia en Madrid para presentar oficialmente la nueva edición de su tradicional calendario, que en los próximos 12 meses volverá a estar dedicado a los “12 Pescados Capitales” de Burela.
La tintorera, la bertorella, la caballa, el jurel, la cabra de altura (gallineta), la sardina, el bonito del norte, la merluza del pincho, la palometa roja, el pez espada, el mero y el besugo son las 12 especies elegidas para la última acción promocional y divulgativa del año 2024.
Desde el Puerto de Burela se vuelve a promocionar así el consumo de pescado como una de las bases fundamentales de una vida saludable, acompañando cada mes con la imagen de uno de estos “pescados capitales” de la lonja de Burela, que además...
leer másO Concello de Xove, da man da concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro, ven de presentar o Calendario de 2025. Unha iniciativa municipal que cada ano se envía nestas datas a tódolos domicilios do concello.
A temática elixida para este 2025 son paisaxes do municipio pouco coñecidas. Panorámicas singulares ou recunchos de gran beleza pertencentes ás oito parroquias de Xove, que son pouco coñecidas polo público en xeral, e mesmo, en moitas ocasións, tamén pola propia veciñanza.
O almanaque complétase cunha felicitación de nadal do alcalde e da Corporación Municipal do Concello de Xove, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.