O libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”, escrito por Anxo Vázquez Pernas, será presentado polo propio autor nun acto que se celebrará este sábado, 10 de agosto, ás 20:00 horas no Multitusos deste concello, con entrada libre.
O Concello de Ourol anuncia que “este libro fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Ourol e Miñotos, onde os traballos dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga (coñecido como Pena de Miñotos) destacan pola súa beleza e os traballos de cantaría. O libro estará a disposición de todos os veciños/as de Ourol a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais”.