Xunta de Galicia
23/05/2024
Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela.
O Concello de Viveiro anuncia que “a festa comezará ás 16:00 e prolongarase ata ás 21:00 horas. Incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20:30 nos propios xardíns de Noriega Varela. O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego. O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio "a participar desta festa, coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma".