San Ciprián

26/03/2025

San Ciprián acollerá o día 19 de abril, sábado de Semana Santa, a III  Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por varios membros do club organizador.

Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola terceira edición, “reflexa o espírito inclusivo e participativo do club de trail, como unha actividade complementaria ao deporte na que convivir, desfrutar e tecer novos lazos ou mesmo recuperar antigos vínculos, con reencontros e novas amizades entre persoas que ser irán acomodando no xantar en función da década de nacemento”.

As persoas...

leer más
25/02/2025

A XXXII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 15 de marzo en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que “terán ao equinodermo como protagonista, como tributo á nosa cultura gastronómica e ao mar que nos rodea”, anuncia o Concello de Cervo.

A cita foi presentada pola tenente alcaldesa, Mali Méndez, o concelleiro Alfredo Fernández e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.

O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking, que poderá ser seguido en directo polo público asistente que a continuación poderá degustar as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa instalada na...

leer más
24/02/2025

O Concello de Cervo anuncia que o alumnado de II BACH do IES Marqués de Sargadelos en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil organiza o Entroido Fest este venres, 28 de febreiro, na Praza dos Campos, de San Ciprián, a partir das 19:00 horas.

Haberá música, bingo, sobremesas, pintacaras, palomitas, chocolate e moitas sorpresas.

05/02/2025

Este xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.

Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.

Etiquetas:
14/01/2025

O Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, día 18 de xaneiro, celebrarase o primeiro Guateque de Arruguiñas do ano 2025. Será na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 20:00 horas e estará amenizado polo dúo Caramelo.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.

02/01/2025

O municipio de Cervo terá dúas cabalgatas de Reis este domingo, día 5 de xaneiro: unha en San Ciprián desde as 18:00 horas e outra na capitalidade do concello a partir das 19:30 horas.

O Concello de Cervo anuncia que a cabalgata de San Ciprián sairá ás 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga e a recepción Real será no Auditorio da Casa da Cultura. Haberá chocolate con biscoito caseiro na Praza dos Campos, da man da asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro. Coa colaboración de Mulleres de San Ciprián e da ANPA do CEIP Península da Paz. E a de Cervo empezará ás 19:30 horas na Casa do Concello e irá ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real, belén vivente, e a actuación de Milicrocas, que é o grupo infantil de cantareiras de Airiños do Xunco, asociación cultural que organiza esta cabalgata.

30/12/2024

A carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián, acollerá unha Festa Fin de Ano desde as 01:30 horas deste mércores, día 1 de xaneiro de 2025.

Este evento forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo, que anuncia: “Que mellor que comezar o ano na gran festa que celebraremos na Praza dos Campos despois de comer as uvas. Este é o planazo que temos preparado para este 1 de xaneiro con Discomóbil Conxuro”.

30/12/2024

A Praza dos Campos, de San Ciprián, acollerá un Bingo Musical este xoves, día 2 de xaneiro, ás 19:00 horas. É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, que anuncia: “este Nadal, como novidade, contaremos cun Bingo Musical da man do alumnado de II de Bacharelato en colaboración coa oficina municipal de voluntariado xuvenil”.

Haberá chocolate con sobremesas típicas do Nadal.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Discomóvil Conxuro.

Etiquetas:
24/12/2024

O Concello de Cervo anuncia un novo Guateque de Arruguiñas, que terá lugar este xoves, día 26 de decembro, ás 19:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar. Actuará o dúo D´Caché.

Ademais o alumnado de II BACH ofrecerá un bingo, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado Xuvenil.

03/12/2024

O Concello de Cervo anuncia: “esta ponte festiva temos teatro da man de Tarabela Creativa”. Representará a obra titulada Vaites, rapariga!. Será este sábado, día 7 de decembro, na Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.

É unha representación teatral para maiores de 16 anos.