A Feira do Libro de Viveiro será do 12 ao 15 de agosto nos Xardíns de Noriega Varela

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase nos Xardíns de Noriega Varela do luns 12 ao xoves 15 de agosto. Abrirá de 12 a 14 e de 18 a 22 horas, agás o xoves 15, que o peche será ás 14.30 horas.

A Federación Librarías de Galicia anuncia que na Feira do Libro de Viveiro estarán “Libraría Porta da Vila, Libraría Cartabón, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Libraría Lume, Libraría Uróboros, Editorial Canela - Libros Lar, Libraría Aenea, A Gata Tola, A Libraría de Rosa - Nobel Boiro, Central Librera Real, Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Servizo de Publicacións Deputación De Lugo”.