Cervo
Este venres, día 12 de xullo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, haberá unha Mexillonada Popular. Está organizada pola asociación Amigos da Maruxaina coa colaboración do Concello de Cervo.
Este evento gastronómico empezará ás 20:00 horas e a partir das 22:00 horas haberá música a cargo de DJ OVO.
San Ciprián, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme os días 15 e o 16 de xullo.
A cita, organizada polo Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias e por unha representación da asociación Mar de San Ciprián, que se encarga de organizar a procesión; de Mulleres de San Cipirán, que colabora coa decoración floral; e de varios colaboradores da Festa e da asociación A Anxuela.
Os festexos arrincarán o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14:00 horas. Xa á noitiña, ás 21:00 horas terá lugar a tradicional procesión do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Cipirán e acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe. A continuación será a verbena na Praza dos Campos co Grupo Zona Zero e a orquestra...
leer másEste verán a Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acollerá unha nova e marabillosa exposición de pintura titulada “Da cor ao Xesto”, unha mostra de pinturas e tintas de Costafreda. A inauguración terá lugar o próximo venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de agosto.
A mostra incluirá uns 60 cadros de diferente formato, abarcando acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta, ofrecendo así unha variedade de estilos e técnicas para o deleite dos visitantes.
Como actividade complementaria, a artista impartirá un taller intensivo de pintura Zen sumi-é, promovido polo Concello de Cervo. Este obradoiro terá lugar os venres 26 de xullo e 2 de agosto de 19:00 a 21:00 horas.
A inscrición para o taller é gratuíta e pode realizarse na...
leer másA parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde o venres 5 de xullo, ata o luns 8 de xullo.
A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.
O programa arrincará o venres ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Nueva Fuerza, Conxuro discomóvil e DJ Litainer.
O sábado, 6 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13....
leer másO artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional. Deste xeito promove un taller, en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A inscrición, con prazas limitadas, xa se pode formalizar a través do teléfono 638.71.72.72 ou do correo electrónico telmocao@yahoo.es.
Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller, no que realiza pezas únicas previo encargo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha o programa Enredando no Verán, que ofrecerá diversas actividades para os máis pequenos da casa durante os próximos meses. No mesmo destacan as actividades de teatro e ioga, que terán lugar no pavillón da Veiga.
Os mércores, a actividade de teatro estará dirixida a nenos e nenas de diferentes idades:
•Ás 10:30 horas para crianzas de 6 a 9 anos.
•Ás 11:30 horas para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 17 de xullo e as inscricións poderán realizarse ata o luns 15 de xullo.
O ioga estará dispoñible en dous días diferentes segundo a idade da rapazada:
•Os martes, ás 12:00 horas, para crianzas de 6 a 9 anos.
•Os xoves, ás 12:00 horas, para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 9...
leer másO Concello de Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. Comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas. Enmárcase no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario o próximo 27 de xullo, sábado, do V Torneo Concello de Cervo de tenis de mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de xullo a través dos contactos 636.531 501, 650.056.872 ou cdsciprian@gmail.com.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro, Alfredo Fernández, e por representantes do Club Deportivo San Ciprián.
O Concello de Cervo felicita ao Club Deportivo San Ciprián e á súa sección de tenis de mesa especialmente neste caso, “por seguir a dinamizar durante o verán o noso concello, con actividades deportivas deste nivel, que en edicións pasadas...
leer másAs pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da IV Carreira Popular Maruxaina, o próximo 20 de xullo, sábado, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 24, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; polo concelleiro Alfredo Fernández e por varios integrantes do Club Deportivo na propia instalación na que se celebrará o evento. Será a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 metros para pitufos; 500 metros para benxamíns; 1.000 metros para alevíns; 1.609 metros para infantís e cadetes; e de 5.000 metros para a proba absoluta. A saída e a meta estará nas instalacións deportivas da Veiga e transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar este sábado, día 29 de xuño, nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil da Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.
A programación é a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia, de Airiños do Xunco. A continuación, o grupo Máster protagonizará a sesión vermú. Á noite, a partir das 22:30 horas, haberá verbena de novo amenizada polo grupo Máster, seguida da Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que “dá o punto de partida...
leer más